Mañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

Imagen del artículo Mañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • As persoas interesadas teñen ata o 4 de xullo para tramitar a petición nalgunha das 214 titulacións diferentes que se imparten en Galicia

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024

Desde mañá e ata o 4 de xullo estará aberto o prazo de solicitude para cursar unha titulación de Formación Profesional nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso que vén de habilitar a Xunta de Galicia para o próximo curso 2024-25, un 11% máis que no presente curso.

Os interesados poderán escoller entre 214 titulacións diferentes -17 delas de nova implantación- repartidas en 153 ciclos de grao medio, básico e superior, 22 másteres, 24 títulos de alta especialización e 15 programas formativos orientados a persoas con necesidades educativas especiais.

Así pois, quen desexe estudar un ciclo de FP o próximo curso, a través do Portal Educativo ten dispoñibles as instrucións cos detalles específicos para cada unha das modalidades. En todo caso, as principais datas son as seguintes:

Oferta

Presentación de solicitudes

Resolución provisional de solicitudes

1ª adxudicación de prazas

Período de matrícula para as persoas admitidas

Ordinaria/modular

Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h.

10 de xullo

17 de xullo

Do 17 de xullo desde as 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h. (para a 1ª adxudicación)

FP Dual Intensiva

Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h.

8 de xullo

15 de xullo

(do 8 ao 12 de xullo haberá un período de selección polo centro educativo e as empresas)

Prazas adxudicadas e en espera o 15 de xullo

Do 16 de xullo ás 9:00 h. ao 24 de xullo ás 13:00 h.

Másteres de FP

Do 24 de xuño ás 9:00 h. ao 4 de xullo ás 13:00 h.

10 de xullo

17 de xullo

Do 17 de xullo ás 9:00 h. ao 22 de xullo ás 13:00 h.

 

Cómpre lembrar que a Xunta vén de ampliar a oferta de FP para o vindeiro curso acadando de novo un máximo histórico cun total de 46.714 prazas de novo ingreso, cun reforzo na práctica totalidade das familias profesionais así como en todas as áreas territoriais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
283029 {"title":"Mañá abre o prazo para solicitar cursar FP nas preto de 47.000 prazas de novo ingreso para o vindeiro curso","published_date":"2024-06-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240623fpplazos+%284%29.jpg","id":"283029"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-23/283029-mana-abre-prazo-solicitar-cursar-fp-nas-preto-47-000-prazas-novo-ingreso-vindeiro-curso https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.