Máis de 30 expertos de sete países participan esta semana en Santiago no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos

  • Organizado por Turismo de Galicia e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago conmemórase o 9º centenario da concesión a Compostela da dignidade arcebispal baixo o lema 'Metrópoles: Santiago e Roma. 900 anos de historia'
  • Celébrase no Auditorio Abanca entre os días 27 e 29

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2024

Un total de 32 relatores, procedentes de sete países participarán os próximos días 27 a 29 de xuño na décimo terceira edición do Congreso Internacional de Estudos Xacobeos, organizado por Turismo de Galicia e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago. A cita celebrarase no Auditorio Abanca de Compostela (rúa do Preguntoiro, 23).

O congreso afonda nas relacións entre Roma e Santiago, partindo da concesión, hai xusto 900 anos, da dignidade arcebispal á cidades. O papa Calisto anunciou esta concesión o 23 de xuño de 1124, como recoñecemento ao Apóstolo e ao lugar no que se repousaba o seu corpo. O nomeamento e o apoio papal ás peregrinacións supuxeron tensións e discusións con outras sés ibéricas e precisamente a efeméride e as súas consecuencias serán o fío condutor do congreso, coordinado por Klaus Herbers, catedrático de Historia Medieval e Ciencias Auxiliares na Universität Erlangen-Nürnberg (Alemaña) e membro do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago.

Entre os temas que se debullarán no congreso están as relacións entre Santiago e Roma; o apoio papal ás peregrinacións; e as circunstancias económicas, políticas e militares da época. Tamén se falará doutras metrópoles veciñas e confrontadas, como Braga ou Toledo, e da conformación das urbes na Alta Idade Media. O Códice Calixtino e a literatura xerada arredor do fenómeno xacobeo terán tamén apartados dentro do programa do evento, que abrangue temas cun arco temporal de máis de mil anos.

A Xunta e o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago organizaron en 1993 o Congreso Internacional co obxectivo de poñer en valor o legado cultural, patrimonial e espiritual da peregrinación xacobea. Desde entón, e con especial incidencia nos Anos Santos, a cita converteuse no foro fundamental da investigación internacional sobre este fenómeno, ademais de apuntalar o coñecemento histórico da propia cidade de Compostela e a súa promoción como eixo cultural e turístico.

Un cento de asistentes

A programación do congreso comeza xa o día 26 coa chegada do preto dun cento de asistentes para participar nunha visita cultural á cidade. O programa ocupará as xornadas completas dos días 27 e 28 e a mañá do 29. Os relatorios e mesas redondas correrán a cargo do propio Klaus Herbers, Daniel Berger (Niedersächsische Akademie der Wissenschaften zu Göttingen), Sebastian Röbert (Universität Leipzig), Maria José Azevedo Santos e María Alegria Fernandes Marques (Universidade de Coimbra), Carlos de Ayala (Universidad Autónoma de Madrid), Manuel Castiñeiras González (Universitat Autònoma de Barcelona), Ofelia Rey Castelao (Universidade de Santiago de Compostela), Stefan Esders (Freie Universität Berlin), Carmen Cardelle de Hartmann (Universität Zürich), Manuel Santos Noya (Universität Tübingen).

Tamén estará Alison Stones (University of Pittsburgh), Francesco Renzi (Universidade Católica de Lisboa), Paulo Almeida (Universidade de Lisboa), Xosé M. Sánchez Sánchez (Universidade de Santiago de Compostela), Marco Piccat (Università degli Studi di Trieste), Marta Cendón Fernández e David Chao Castro (Universidade de Santiago de Compostela), Jacobo Caucci von Saucken (Università di Firenze), Nikolas Jaspert (Universität Heidelberg), F. Javier García Turza (Universidad de la Rioja), Julia Pavón Benito (Universidad de Navarra),  María Bonet Donato (Universitat Rovira i Virgili Tarragona).

Completan a listaxe de participantes Frank Engel (Arquivo Municipal de Calw), Armand Jamme (CNRS París), Johannes Grohe (Römisches Institut der Görres-Gesellschaft), Philippe Picone (Université Catholique de l'Ouest, Angers), Mariano Delgado (Universität Freiburg, Suiza), Piotr Roszak (Copernicus University in Thorun), Antón M. Pazos (CSIC), Javier Gómez Montero, (Universität Kiel) e Adeline Rucquoi (CNRS París), esta última a cargo da conferencia de clausura.

A celebración do congreso enmárcase no traballo da Xunta de Galicia, recollido no Plan Director dos Camiños de Santiago 2027, por velar polo estudo e análise do fenómeno das peregrinacións, promover o carácter académico das investigacións e divulgar internacionalmente o Camiño de Santiago.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
282991 {"title":"Máis de 30 expertos de sete países participan esta semana en Santiago no XIII Congreso Internacional de Estudos Xacobeos","published_date":"2024-06-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"282991"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-23/282991-mais-30-expertos-sete-paises-participan-semana-santiago-xiii-congreso-internacional-estudos-xacobeos https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.