A conselleira Martínez Allegue traslada ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, o compromiso da Xunta para humanizar a estrada PO-308

Imagen del artículo A conselleira Martínez Allegue traslada ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, o compromiso da Xunta para humanizar a estrada PO-308

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas abordou co rexedor a materialización desta actuación a través dun convenio de colaboración entre ambas administracións
  • Trátase da mellora do tramo da PO-308 entre a ponte da Barca e a PO-310, cun orzamento de 1,1 M€, do que o Goberno galego achegaría o 70 % e o concello, o 30 %

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2024

A conselleira Martínez Allegue vén de manter unha xuntanza co alcalde de Poio, Ángel Moldes, ao que lle trasladou o compromiso da Xunta para a humanización da estrada PO-308.

A responsable de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, abordou co rexedor a necesidade dun convenio de colaboración para executar esta actuación, que sería cofinanciada entre a Xunta e o Concello de Poio.

A primeira fase do proxecto abrangue o tramo da vía autonómica que comunica a ponte da Barca coa estrada PO-310. O orzamento previsto para esta intervención ascendería a 1,1M€, dos que o Goberno galego achegaría o 70 % e a administración local, o 30 % restante.

No que se refire ás obrigas a establecer no convenio, corresponderalle ao Concello licitar e executar os traballos previstos.

Cómpre lembrar que a Xunta leva anos investindo no acondicionamento desta estrada PO-308. Así, en Poio, executáronse sendas e melloras de seguridade viaria entre O Covelo e Raxó, xa rematadas; e en Combarro, que están en marcha.

Tamén se levaron a cabo melloras e sendas nesta vía ao paso por Portonovo e A Lanzada e se humanizaron as travesías de Sanxenxo e Portonovo, en colaboración co concello.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
282317 {"title":"A conselleira Martínez Allegue traslada ao alcalde de Poio, Ángel Moldes, o compromiso da Xunta para humanizar a estrada PO-308","published_date":"2024-06-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150816\/Poio.jpeg","id":"282317"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-22/282317-conselleira-martinez-allegue-traslada-ao-alcalde-poio-angel-moldes-compromiso-da-xunta-humanizar-estrada-po-308 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.