Xosé Merelles salienta a oportunidade que ofrecen os trens turísticos da Xunta para coñecer Galicia este verán nalgunha das súas 11 rutas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Pontevedra participan no itinerario da Ruta do Viño das Rías Baixas que terá outra saída en agosto
  • Explica que nos 10 anos desta iniciativa -que se realiza en colaboración con Renfe e o Inorde- se ofreceron máis de 25.000 prazas cunha media do 95% de ocupación

Barro (Pontevedra), 22 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe xunto o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, nunha das 11 rutas dos  trens turísticos da Xunta deste ano, en concreto a do Viño das Rías Baixas, onde puxo en valor esta iniciativa por estar "xa consolidada na oferta galega e por conseguir reforzar a sostibilidade do destino".

O director de Turismo salientou o éxito desta iniciativa que desde a súa posta en marcha, hai unha década, ofreceu máis de 25.000 prazas cunha media do 95% de ocupación. "O ano pasado ofrecemos unhas 2.000 prazas e obtivemos unha ocupación de 90% aprox. nos seus  itinerarios, destacando de xeito importante o 100% de ocupación no da Camelia o 98% no dos Faros ou o 97% no dos Queixos", dixo.

Xosé Merelles animou a participar este verán nalgunha das rutas deste ano que permitirán coñecer distintos lugares de Galicia a bordo do tren. En concreto, sobre a Ruta do Viño das Rías Baixas, destacou que se trata dun percorrido "moi completo que permitirá degustar o mellor da nosa enogastronomía, pero tamén visitar a oferta patrimonial e costeira de Galicia". O itinerario percorre parte da Ría de Arousa e enclaves coma as To­rres de Oeste de Catoira. Tras un­ha parada na Adega de Pazo de Baión, visítase o casco históri­co de Cambados e realízase un­ha travesía pola Ría de Vigo con desembarco na illa de San Simón. A seguinte saída será o 10 de agosto.

Xunto a este itinerario, nos vindeiros meses irán celebrándose o resto de rutas como  a dos Faros, unha viaxe que comezará e culminará na Estación de tren de Ferrol tras visitar Cabo Ortegal, o mirador de Vixía Herbeira, o Santuario de Santo André de Teixido e o Cabo Estaca de Bares. Os participantes tamén poderán coñecer Viveiro e os acantilados de Loiba. Terá novas saídas o 6 e 20 de xullo, o 3 e 31 de agosto e o 7 de setembro, para as que aínda quedan billetes dispoñibles.

Gastronomía e patrimonio

O programa deste ano inclúe tamén a ruta MEGA e A Coruña 1906 no que se poderán visitar a cidade herculina, o MEGA e o Concello de Abegondo que terá a próxima saída o 13 de xullo; a Ruta dos Mosteiros será a proposta que tamén sairá ese día 13 de xullo , coa que se convidará os participantes a coñecer o chamado 'Versalles galego', o Pazo de Oca, para logo visitar o Mosteiro do Carboeiro, o templo de Vera Cruz, no Carballiño, e o Mosteiro de Oseira. A ruta das Mariñas que partirá de A Coruña e chegará a Ferrol tras percorrer as Mariñas e Terras de Mandeo, visitando Betanzos, Paderne, e Pontedeume. De volta en Ferrol, realizarase un paseo pola ría e outro polo barrio da Magdalena. Será o 17 de agosto.

A ruta dos Queixos percorrerá tres das catro denominacións de orixe dos queixos de Galicia. En primeiro lugar, en Sobrado dos Monxes para coñecer a Casa do Queixo, para degustar queixo de Tetilla e Arzúa-Ulloa. A seguinte parada será a queixería Don Crisanto, en Vilalba co seu queixo San Simón da Costa. Tras xantar (libre) en Lugo, vistarase o proxecto de ecoagroturismo de Arqueixal, en Albá (Palas de Rei) co queixo Arzúa-Ulloa como produto estrela. O 27 de xullo e 21 de setembro.

O 27 de xullo sairá a ruta O Ribeiro-Rías Baixas que ten por eixe o río Miño, visitando en primeiro lugar a adega Señorío de Rubiós, cos seus viños do Condado, sub-zona da Denominación de Orixe Rías Baixas. A viaxe continuará en Ribadavia, capital do Ribeiro, achegándose ao Museo do Viño de Galicia situado na Reitoral de Santo André de Camporredondo. A continuación visítase o castro de San Cibrao de Las, un dos maiores de Galicia. Finalizararase a xornada visitando a estación de Santa Cruz de Arrabaldo, convertida en museo.

Billetes á venta

En agosto, o día 24, sairá a Ruta da Lamprea, que sairá de Pontevedra para dirixirse ata Salvaterra de Miño para visitar o Museo da Ciencia do Viño situado no castelo. Máis tarde inclúese un paseo por Tui, o centro histórico e a súa catedral-fortaleza. Pola tarde visita ás pesqueiras de Arbo, senlleiras construcións centenarias que serven para capturar a lamprea no río Miño. Visitarase o centro de interpretación do viño e a lamprea "Arabo". Finalmente inclúese un percorrido ata a Cooperativa Condado-Paradanta nas Neves, para degustar requeixo, mel e viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. 

Tamén en agosto, o día 17 será a quenda da Ruta dos viños de Monterrei que inclúe degustación na adega Gargalo e percorrer a acrópole do castelo de Monterrei. Pola tarde visita a Allariz, e o Ecoespazo do Rexo, para degustar os seus queixos. Vistarase tamén Xunqueira de Ambía e o día rematará na estación de Baños de Molgas, convertida en museo, albergue e restaurante.

Cada ruta do dos Trens Turísticos de Galicia ten unha duración dun día e ademais do percorrido en tren, a iniciativa inclúe un servizo de guías oficiais de Galicia durante a viaxe, xunto con traslados complementarios en autobús e entradas aos puntos de interese. A programación completa dos Trens Turísticos de Galicia xunto con toda a información para a reserva e a compra de billetes pódese consultar na web de Turismo de Galicia, aínda que os billetes tamén se poden mercar en calquera estación de Renfe.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
282280 {"title":"Xosé Merelles salienta a oportunidade que ofrecen os trens turísticos da Xunta para coñecer Galicia este verán nalgunha das súas 11 rutas","published_date":"2024-06-22","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150816\/TrensTuristicos+1.jpg","id":"282280"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-22/282280-xose-merelles-salienta-oportunidade-ofrecen-os-trens-turisticos-da-xunta-conecer-galicia-veran-nalgunha-das-suas-11-rutas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.