A Xunta e a Asociación Empresarial Eólica abordan a situación do sector en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, insiste no compromiso do Goberno galego con esta industria e destaca o rigor na tramitación dos proxectos eólicos
  • Avoga polo desenvolvemento das enerxías renovables para lograr un prezo eléctrico competitivo para as empresas e a cidadanía galega

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes da Asociación Empresarial Eólica (AEE), para abordar o presente e o futuro do sector eólico en Galicia.

Durante a reunión, Lorenzana insistiu no compromiso do Goberno galego con esta industria e trasladoulles que a Xunta seguirá a traballar por e para a cidadanía galega, e autorizará unicamente aqueles proxectos eólicos que son ambientalmente viables, co obxectivo de promover o despregamento das enerxías renovables e cumprir cos obxectivos europeos de descarbonización, protección e mellora do medio ambiente e de neutralidade climática. Tamén para lograr un prezo eléctrico competitivo para as empresas galegas e para a cidadanía en xeral, subliñou a conselleira tras o encontro.

Neste sentido, María Jesús Lorenzana defendeu que o traballo que se está a realizar na tramitación dos proxectos eólicos conta co máximo rigor e que se están a someter a avaliación ambiental ordinaria, a máis garantista de todas. Así mesmo, sinalou que o Executivo autonómico agarda que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea valide a interpretación do Tribunal Supremo respecto da boa praxe da Xunta.

A conselleira de Economía e Industria tamén advertiu de que a demora no tempo das diferenzas entre os órganos xurisdicionais leva aparellada a paralización dos proxectos enerxéticos e industriais xeradores de riqueza e emprego na Comunidade Autónoma.

Eólica mariña

Por outra banda, o encontro serviu para abordar as oportunidades de desenvolvemento da eólica mariña na que Galicia aspira a ser un referente pero garantindo sempre a compatibilidade cos recursos pesqueiros, co medio mariño e co medio ambiente, e incidindo na repercusión dos beneficios sociais e económicos que se teñen que quedar no territorio.

Neste senso, Lorenzana lembrou que a Xunta de Galicia presentou alegacións ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar, presentado o pasado mes de febreiro polo Goberno central. Un total de 16 propostas que se elaboraron tendo en conta as presentadas polos sectores pesqueiro e industrial, así como por parte de varios promotores e no marco do traballo que se vén realizando no Observatorio da eólica mariña de Galicia que se reuniu, por este motivo, o pasado 8 de marzo.

A conselleira de Economía e Industria insistiu en que para Galicia hai tres cuestións básicas que se deben incluír nesta normativa: o proceso de diálogo público-privado, que debe ser obrigatorio e non opcional; a inclusión na orde pola que se vaia regular a convocatoria de concorrencia competitiva de medidas compensatorias para os sectores afectados; e por último a valoración dos criterios non económicos dos proxectos (como a maior compatibilidade co medio mariño, ou as menores afeccións ao sector pesqueiro) ten que supoñer un 50 %, polo menos, da ponderación total, fronte ao máximo do 30 % recollido actualmente no proxecto de Real decreto.

Finalmente, Lorenzana lembrou que a Xunta agarda poñer en marcha unha segunda plataforma experimental para testar prototipos de eólica mariña flotante co obxectivo de afondar no coñecemento das novas tecnoloxías  e co convencemento de que as enerxías renovables formen parte do futuro mix enerxético para avanzar nos procesos de transición enerxética e descarbonización. Un proxecto que agarda polo apoio do Estado.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
281270 {"title":"A Xunta e a Asociación Empresarial Eólica abordan a situación do sector en Galicia","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240618+Lorenzana+Reunion+AEE_1.jpeg","id":"281270"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/281270-xunta-e-asociacion-empresarial-eolica-abordan-situacion-do-sector-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.