Xunta e sindicatos constitúen a comisión negociadora do plan de igualdade para o persoal docente

Imagen del artículo Xunta e sindicatos constitúen a comisión negociadora do plan de igualdade para o persoal docente

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • É o punto de partida para a redacción deste documento para avanzar na eliminación de calquera tipo de discriminación neste ámbito laboral

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, reuniuse hoxe coas organizacións sindicais da mesa sectorial do ensino para constituír a Comisión Negociadora do Plan de igualdade para o persoal docente. É o punto de partida para a redacción deste documento para avanzar na eliminación de calquera tipo de discriminación neste ámbito laboral.

A comisión ten entre as súas funcións a negociación e elaboración da diagnose e das medidas que integrarán o Plan de igualdade, a identificación das medidas prioritarias, os ámbitos de aplicación e os medios materiais e humanos necesarios para a súa implantación. Así mesmo, impulsará accións de información e sensibilización para a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes.

Entre outros eidos, abordaranse as accións necesarias para garantir a igualdade de oportunidades nos procesos de selección e contratación, clasificación profesional, formación, condicións e valoración de postos de traballo.

Así mesmo, promoverase o exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familiar e laboral, a prevención de condutas contra a liberdade sexual e a integridade moral no traballo e impulsaranse as medidas de prevención e actuación en caso de violencia de xénero, entre outras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
281269 {"title":"Xunta e sindicatos constitúen a comisión negociadora do plan de igualdade para o persoal docente","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/240621_DirectorCentros_XuntnzaOrganizacinsSindicais_MAC-1.JPG","id":"281269"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/281269-xunta-e-sindicatos-constituen-comision-negociadora-do-plan-igualdade-persoal-docente https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.