Lorenzana manifesta o apoio da Xunta a toda o cadea de valor asociada á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal en Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Empraza ás empresas e axentes do sector a apostar pola innovación e pola investigación para ser quen de finalizar todo o ciclo produtivo da madeira en Galicia. "Ese ten que ser o reto que nos temos que marcar e iso pasa por traballar a competitividade e as posibilidades da industrialización do sector forestal", di
  • Sinala que o reforzo da estrutura da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) é síntoma de que o compromiso da Xunta co sector está "absolutamente intacto"
  • Avanza que o Proxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no pleno a próxima semana, inclúe a creación dun mercado voluntario de créditos de carbono

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe a Asemblea Xeral do Clúster da Madeira e do Deseño de Galicia, onde puxo de manifesto o apoio da Xunta a todo o ecosistema asociado á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal.

Na súa intervención, Lorenzana cualificou a cadea forestal-madeira como un sector "importantísimo" para a economía e a industria de Galicia, "desde o punto de vista do emprego, da xeración económica pero, tamén, desde o punto de vista da sustentabilidade, o mantemento e a posta en valor dos bosques galegos", dixo.

A conselleira sinalou que o plan director do sector forestal, cuxa aprobación está prevista para finais deste ano, vai facer fincapé na colaboración que industria e  Administración autonómica veñen mantendo e vai sentar as liñas mestras para facer fronte aos retos e oportunidades que este sector ten por diante. 

Ao respecto, Lorenzana emprazou ás empresas e axentes do sector a apostar pola innovación e pola investigación para ser quen de finalizar todo o ciclo produtivo da madeira en Galicia. "Ese ten que ser o reto que nos temos que marcar e iso pasa por traballar a competitividade e as posibilidades da industrialización do sector forestal", abondou.

Segundo dixo, o reforzo da estrutura da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera) é síntoma de que o compromiso da Xunta co sector está "absolutamente intacto". Neste sentido, explicou que se impulsa a investigación, por iso o Centro de Investigacións Forestais de Lourizán pasa a depender da Xera, "para que o recurso dea cada vez máis posibilidades", explicou.

E tamén considerou moi importante a creación da Área de información forestal da que van depender todos os labores de inventariado e de creación dun mercado voluntario de créditos de carbono, incluído no Proxecto de Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no pleno a próxima semana. "Estamos traballando de xeito paralelo no regulamento que vai permitir que sexa efectivo e realidade", avanzou.

Esta iniciativa dará oportunidade aos gandeiros galegos e galegas para obter un rendemento económico coa redución das súas emisións, servirá para impulsar un mercado ligado á xestión forestal sostible e activa, e contribuirá a que a madeira en construción abarate os seus custos incorporando neste mercado da Xunta de Galicia o secuestro de carbono.

Finalmente, Lorenzana destacou a importancia da formación e de trasladar ás xeracións máis novas a oportunidade que teñen de formarse en sectores produtivos en crecemento en Galicia , porque a industria necesita innovación e talento.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280895 {"title":"Lorenzana manifesta o apoio da Xunta a toda o cadea de valor asociada á construción en madeira para seguir fortalecendo o sector forestal en Galicia","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240621_Lorenzana_ClausuraClusterMadeiraeDesen%CC%83o_1.JPG","id":"280895"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280895-lorenzana-manifesta-apoio-da-xunta-cadea-valor-asociada-construcion-madeira-seguir-fortalecendo-sector-forestal-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.