A Xunta promoverá o turismo urbano e gastronómico coa elección do Mellor Cociñeiro de Tapas 2024

Imagen del artículo A Xunta promoverá o turismo urbano e gastronómico coa elección do Mellor Cociñeiro de Tapas 2024

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Sete cociñeiros das sete cidades galegas competirán polo título o vindeiro 9 de xullo en Santiago de Compostela na iniciativa organizada por Turismo de Galicia

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

Sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades. Son os ingredientes da gala show cooking Mellor Cociñeiro de Tapas por Galicia 2024 que organiza a Xunta de Galicia o vindeiro 9 de xullo en Santiago de Compostela na súa estratexia de promoción do turismo gastronómico e urbano.

A gala celebrarase no Hotel Monumento San Francisco, en Santiago de Compostela, unha cita consolidada que vai xa pola súa oitava edición e que deixa patente a variedade e creatividade da gastronomía galega. Os sete cociñeiros que se disputarán o título foron galardoados nos certames de tapas de cadansúa cidade. O roteiro que propón Turismo de Galicia inicia en Santiago de Compostela o percorrido pola xeografía galega no sentido das agullas do reloxo ata finalizar en Pontevedra, destacando algúns dos seus principais recursos turísticos urbanos e culturais, xunto coa proposta de tapa representante de cada cidade.

Ao longo do itinerario que achega esta nova edición, as propostas que os chefs presentarán ao concurso constitúen un repaso a algúns dos máis salientables produtos de calidade que definen a gastronomía galega.  Os concursantes son Álvaro Pérez Blanco de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela) coa tapa Estamos como cabras; Manu Triay de Taberna Triay (A Coruña) con Donete recheo de cocido;Adrián Pérez de Sinxelo (Ferrol) con Recordos da miña nenez.

Tamén participa desde Lugo  Bret Fernández  de Prebe by Bret coa tapa Xurel Black Coupage; Gabi Conde de Restaurante Portovello (Ourense) con A Terma, Kevin Carreño de Nikko Espacio Gastronómico (Vigo) con Nigiri de crokketa de carabineiro e Daniel Carramal de Loaira Xantar (Pontevedra) con trasmallos de neboeiro.

Dous galardóns

Os sete cociñeiros disputarán por dous galardóns. Por unha banda, o premio do xurado profesional, que valorará cada tapa segundo a súa complexidade técnica, creatividade, presentación e sabor. Por outra, o premio do xurado popular, que se elixirá mediante un sistema de televotación.

A cita enmárcase na estratexia que Turismo de Galicia desenvolve para promover este tipo de turismo cultural e de proximidade, a través da cooperación entre as empresas do sector, as asociacións e as institucións.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280893 {"title":"A Xunta promoverá o turismo urbano e gastronómico coa elección do Mellor Cociñeiro de Tapas 2024","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/GQRTz47XUAAbRJy.jfif","id":"280893"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280893-xunta-promovera-turismo-urbano-e-gastronomico-coa-eleccion-do-mellor-cocineiro-tapas-2024 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.