Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade
  • A xornada desenvolverase na casa da cultura de Xinzo de Limia o venres 28 de xuño ás 17,30 horas e o 29 de xuño ás 10,00 horas
  • Organizada polo concello de Xinzo de Limia e a Asociación Ourensividad, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense
  • Participarán relatores de talla internacional expertos en lonxevidade e hábitos saudables

Ourense, 21 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou hoxe a excelencia dos nosos produtos alimentarios e subliñou a importancia de apostar pola calidade dos produtos locais e de temporada como vía para garantir a sustentabilidade económica e social do rural galego, enxalzando o bo facer dos produtores locais.

Así o fixo o delegado territorial na presentación da 'Jornada Intercomunitaria de Longevidad y Hábitos Saludables', que se desenvolverá na casa da cultura de Xinzo de Limia o venres 28 de xuño ás 17,30 horas e o 29 de xuño ás 10,00 horas. Organizada polo concello de Xinzo de Limia e a Asociación Ourensividad e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Ourense, esta xornada pretende reflexionar sobre os hábitos saudables que condicionan o envellecemento activo dos maiores.

Manuel Pardo referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade, así como pola promoción desa excelencia e pola profesionalización e o fomento da participación do sector.

Deste xeito - significou o delegado territorial- "este texto converte a Galicia na primeira comunidade autónoma que regula unha certificación de sustentabilidade para a produción alimentaria, de forma que se establece un sistema baseado nun conxunto de normas encamiñadas a garantir o respecto ao medio ambiente, a calidade e a seguridade alimentaria, a protección das persoas traballadoras e a cidadanía, e unha renda adecuada para os diferentes elos da cadea de valor, especialmente no caso dos operadores primarios".

As xornadas "InterLhas"

A xornada "InterLhas" contará con relatores de talla internacional expertos en lonxevidade e hábitos saudables. Entre os relatores hai que destacar a Esperanza Navarro, José María Failde, Manuel Santos, Dolores Fernández, Maite Soy Andrade, Lola Rico Barrena, Pablo García Vivanco, José Manuel Lage Parente ou Manuel Mandianes.

Durante a xornada significarase o valor da alimentación local e das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) que temos na provincia e dos alimentos máis significativos. Entre eles, falarase das propiedades das patacas, dos pementos, do noso aceite de oliva virxe extra, doutras hortalizas importantes da nosa gastronomía como os grelos e repolos, o queixo, a tenreira galega, o polo, a vaca rubia e o boi galego e tamén o pulpo ou os viños autóctonos.

Tamén haberá espazo para falar da nosa calidade da auga e do termalismo coas súas indicacións terapéuticas como propiedades antirreumáticas e dermatolóxicas.

Os expertos mundiais falaranos do envellecemento saudable na provincia de Ourense como icona da lonxevidade global e os expertos en zonas azuis indicarannos por que a provincia de Ourense é unha das candidatas a formar parte dese conxunto privilexiado de "zonas azuis" onde chegar aos cen anos e con calidade está ao alcance de todos.

A inscrición é gratuíta, e a participación nelas inclúe bolsa e material do congreso, diploma de asistencia e cátering.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280842 {"title":"Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/210624+Xornadas+Ourensividad+1.JPG","id":"280842"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280842-manuel-pardo-enxalza-excelencia-dos-nosos-produtos-alimentarios-proximidade-e-bo-facer-dos-produtores-locais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.