O Consello Reitor da Axega aborda os avances tecnolóxicos e de coordinación implantados no último ano

Imagen del artículo O Consello Reitor da Axega aborda os avances tecnolóxicos e de coordinación implantados no último ano

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Emerxencias e Interior e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) presidiron a reunión
  • Entre outras, houbo melloras da ciberseguridade, na comunicación de emerxencias e na operativa das tarefas asignadas ao Grupo de Apoio Loxístico

A Estrada (Pontevedra), 21 de xuño de 2024

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, presidiron esta mañá a sesión ordinaria do Consello Reitor da Axega. Durante a reunión, celebrada nas instalacións da Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, expúxose a memoria de actividades desenvolvidas o pasado ano e informouse das principais actuacións en curso, que supuxeron avances en diversos ámbitos.

A potenciación das novas tecnoloxías no centro materializouse na adaptación da plataforma de xestión de emerxencias GEMMA ás esixencias da normativa Next Generation, que revolucionará a comunicación de emerxencias coa posibilidade de realizar videochamadas, texto en tempo real ou monitorizar as redes sociais.

Neste mesmo ámbito traballouse na mellora da xeolocalización de chamadas e púxose en funcionamento o sistema ES-Alert, xa testado en contornas reais e que permite enviar avisos a todos os móbiles situados na zona dunha emerxencia ou catástrofe inminente.

Tamén se introduciron melloras na coordinación con outros organismos: continúase traballando na integración telemática coa Fundación Urxencias Sanitarias de Galicia-061, coa Garda Civil e a Policía Nacional. De feito, estes dous corpos de seguridade contan con postos operativos na área de servizos integrados do CIAE-112 Galicia e xa traballaron desde a sala en días de aumento do risco previsible.

En canto ao Grupo de Apoio Loxístico, o brazo operativo da Axencia Galega de Emerxencias presta servizo as 24 horas todos os días do ano. O 2023 estivo marcado pola incorporación de melloras dotacionais enfocadas ás necesidades da cidadanía, como a actualización da flota de drons, unha unidade operativa imprescindible á hora de dar resposta a calquera emerxencia, dispositivo de seguridade ou intervención.

Neste sentido, unha das principais iniciativas nas que participa a Axega é o proxecto DRONEFINDER, que combina a aplicación da intelixencia artificial co uso de drons e pulseiras localizadoras para tratar de poñer fin a un problema crecente na sociedade galega como son as desaparicións entre a poboación máis envellecida.

Ademais, no 2023 presentouse o novo proxecto de Asistencia Transfronteiriza de Emerxencias (ATEMPO), que mellora a eficacia na prevención e na xestión de emerxencias naturais a ambos lados da fronteira galego portuguesa.

Finalmente, durante a reunión tamén se comentaron as accións relacionadas coa prevención e destinadas á cidadanía, como a difusión de consellos de autoprotección, da actividade diaria da Axencia, as redes sociais ou as visitas e a organización de eventos e xornadas de concienciación.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280481 {"title":"O Consello Reitor da Axega aborda os avances tecnolóxicos e de coordinación implantados no último ano","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240621DXEEIConselloReitorAxega1.JPG","id":"280481"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280481-consello-reitor-da-axega-aborda-os-avances-tecnoloxicos-e-coordinacion-implantados-ultimo-ano https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.