A Xunta saca a licitación por algo máis de 331.000 € as obras de reforma da cociña e do comedor do CPI Atios de Valdoviño

  • A actuación consistirá na remodelación interior do volume do comedor e a cociña do edificio existente e o acondicionamento da súa envolvente para mellorar a estanquidade, a eficiencia enerxética e garantir as condicións de confort interior dos usuarios
  • O prazo de execución dos traballos será de tres meses

Ferrol, 22 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia sacou a licitación esta semana as obras de reforma da cociña e o comedor do CPI Atios de Valdoviño por un importe de 331.355,14 euros (ive incluído).

A actuación coa que se pretenden mellorar as condicións e o mal estado dos elementos deteriorados co paso do tempo, consistirá na reforma interior do volume do comedor e cociña do edificio existente e na mellora da súa envolvente coa finalidade de gañar estanquidade, eficiencia enerxética e garantir as condicións de confort interior dos usuarios.

Para iso prevese unha reorganización máis funcional do espazo da cociña coa demolición da cámara frigorífica de obra que existe na actualidade e que resulta ineficiente. No seu lugar crearase un espazo de almacenaxe que albergará dous frigoríficos novos e unha peladora xunto a un vertedoiro próximo. O proxecto inclúe tamén a renovación dos acabados interiores para mellorar a salubridade e a manipulación de alimentos e a substitución das instalacións necesarias na cociña, no comedor e no cuarto de almacenaxe.

O proxecto previsto e que conta cun prazo de execución de tres meses, propón tamén a renovación das cubertas e carpinterías existentes, así como a execución do illamento exterior continuo co sistema SATE.

Ademais levarase a cabo un cambio de dirección no último tramo da escaleira de evacuación de incendios existente para non obstaculizar o patio de xogos e se executarán obras de reparación e pintado na devandita escaleira. Por último, acometeranse actuacións de reparación da impermeabilización encima dos vestiarios.

A intervención no CPI Atios está incluída no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta coa que o Goberno galego está modernizando os centros de ensino, converténdoos en instalacións máis eficientes, sostibles e axustadas ás necesidades educativas actuais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280480 {"title":"A Xunta saca a licitación por algo máis de 331.000 € as obras de reforma da cociña e do comedor do CPI Atios de Valdoviño","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"280480"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280480-xunta-saca-licitacion-algo-mais-331-000-as-obras-reforma-da-cocina-e-do-comedor-do-cpi-atios-valdovino https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.