A Xunta abre o prazo de 52 bolsas para estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia

Imagen del artículo A Xunta abre o prazo de 52 bolsas para estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • É unha das medidas postas en marcha para facilitar e flexibilizar o acceso aos estudos universitarios en Xestión de Empresas Hostaleiras impartidos neste centro adscrito á USC e dependente organicamente a Turismo de Galicia
  • As bolsas tamén son para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalaría que se imparte por primeira vez o vindeiro curso

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia abre hoxe o prazo para solicitar algunha das máis de medio cento de bolsas que o Centro Superior de Hostelería de Galicia abre este ano para facilitar o acceso aos estudos universitarios de Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras (USC) e do Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería.

Como se indica no Diario Oficial de Galicia, os beneficiarios pagarán un prezo reducido que vai de 800 e 2.000 € por curso e terán aloxamento gratuíto (a matrícula custa 4.000 €). Delas, 41 bolsas son para o grao da Universidade de Santiago de Compostela en Xestión de Empresas Hostaleiras e 11 son para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería, que se imparte por primeira vez o vindeiro curso.

No caso das 41 bolsas para o grao de Xestión de Empresas Hostaleiras, seis delas serán bolsas de excelencia, unha das novidades deste ano que se dirixe a aqueles alumnos que teñen un expediente académico dun 8 ou superior e cubren o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (inclúe ceas de luns a venres). As bolsas renóvanse cada ano, ata acabar o grao, sempre que o alumno supere o curso cunha nota mínima dun 20% por riba da media da clase.

Outras 25 bolsas son en réxime ordinario en base á renda promedio da unidade familiar que debe estar por debaixo dun máximo. Cubre o 80% do prezo para as dez máximas puntuacións e o 50% das 15 seguintes; e o aloxamento na residencia (inclue ceas de luns a venres). A bolsa renóvase cada curso, ata acabar o grao, sempre que o alumno supere o curso e as condicións económicas da unidade familiar non sobrepasen os límites das bases da convocatoria.

Este ano tamén se convocan, como novidade, bolsas para persoas galegas residentes no exterior. Son un total de 10 e cubren o  80% do prezo e o aloxamento na residencia (con ceas de luns a venres). A bolsa renóvase cada curso, ata finalizar a titulación, sempre que o alumno supere o curso.

Ata o 18 de xullo

No que se refire ás bolsas do CSHG para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería dun ano de duración (11 bolsas), convócanse dúas bolsas de excelencia nas que o expediente académico (ciclo formativo superior ou ciclo medio) debe ser dun 8 ou superior. Reciben este beneficio as dúas mellores puntuacións. Cubre o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (inclue ceas de luns a venres).

Tamén se convocan catro bolsas ordinarias nas que se ten en conta a renda promedio da unidade familiar que debe estar por debaixo dun máximo. Puntúan os ingresos familiares nun 60% e o expediente académico (ciclo formativo superior ou ciclo medio) nun 40%. Cubre o 80% do prezo para a máxima puntuación e o 50% das tres seguintes solicitudes; e o aloxamento na residencia (inclue ceas de luns a venres). Ademáis hai cinco bolsas  para persoas galegas residentes no exterior. Cubre o 80% do prezo e o aloxamento na residencia (inclue ceas de luns a venres). O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 18 de xullo de 2024.

Ademais destas axudas, o Centro Superior de Hostelería de Galicia conta tamén con outras accións que incentivan a matricula. Hai 14 axudas a través de acordos con cadeas hoteleiras para ter o aloxamento gratuíto, 7 para o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e outras 7 para o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastalería. Tamén, grazas ao acordo co Clúster de Turismo de Galicia están dispoñibles catro axudas para ter o aloxamento gratuíto. Xunto a isto, existe a opción de exención de matricula de forma total ou parcial en base a criterios como familias numerosas, matricula de honra no Bacharelato, persoas con discapacidade, entre outras.

Novidades este curso

Estas bolsas forman parte da batería de medidas que a Xunta de Galicia pon en marcha o vindeiro curso académico para facilitar e flexibilizar o acceso aos estudos universitarios en Xestión de Empresas Hostaleiras impartidos neste centro adscrito á Universidade de Santiago de Compostela e dependente orgánicamente da Xunta de Galicia. En concreto, no curso 24/25 a matrícula reducirá o seu prezo un 50%, duplícase o número de bolsas de estudos que podrán sufragar ata o 80% da matrícula e incrementarase a oferta formativa cun título propio sobre gastronomía.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia leva máis de 30 anos formando xestores  e directivos de empresas turísticas, dependente da Xunta de Galicia, e comezou nos seus inicios ofertando unha formación propia en Dirección Hoteleira e Gastronomía. Desde o ano 2021 está adscrito á Universidade de Santiago de Compostela e imparte o Grao universitario en Xestión de Empresas Hostaleiras coas especialidades de gastronomía e de dirección hostaleira.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
280170 {"title":"A Xunta abre o prazo de 52 bolsas para estudar no Centro Superior de Hostelería de Galicia","published_date":"2024-06-21","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150813\/20240621+NPCSHG.jpg","id":"280170"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-21/280170-xunta-abre-prazo-52-bolsas-estudar-centro-superior-hosteleria-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.