Lete Lasa destaca o Rallye Recalvi Rías Baixas como o máis lonxevo de Galicia que este ano volve ocupar o lugar que lle corresponde: "a elite nacional"

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O Rallye Rías Baixas terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo e viaxará por numerosos concellos da provincia de Pontevedra

Vigo, 20 de xuño de 2024

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe da presentación da 57 edición do Rallye Recalvi Rias Baixas, do que destacou a súa "singularidade e lonxevidade", ao ser o rally máis antigo de Galicia coa súa creación en 1963. O mandatario galego destacou tamén que, neste 2024, o Rallye Rías Baixas recupera o lugar que lle corresponde na "elite nacional", ao ser a segunda proba galega, xunto ao Rally de Ourense celebrado na pasada fin de semana, que puntúa na proba raíña do automobilismo nacional: o Súper Campionato de España de Rallyes de Asfalto, creado en 2019.

Neste sentido, Lete Lasa sinalou como o automobilismo galego saca músculo ao contar con nove probas nos calendarios nacionais: unha na Copa de Rallys de Asfalto -o Rallye Cidade de Narón-, outra no Campionato de Montaña -a Subida a Chantada-, dúas no Campionato de Autocross -Carballo e Arteixo-, outra no Campionato de Enerxías Alternativas -Eco Rallye A Coruña-, outra máis no Campionato de Vehículos Históricos -Rallye Rías Altas Histórico-, e as dúas xa nomeadas no Super Campionato: o Rally de Ourense e o Rías Baixas.

"O automobilismo en Galicia atópase nun dos seus mellores momentos e é parte fundamental do noso ADN" destacou o secretario xeral para o Deporte. Hoxe en día as licenzas creceron un 53% dende 2009, ata as 2.750, entre as que destacou que, "as femininas xa chegan a 350, polo que se multiplicaron por sete".

O Rallye Rías Baixas terá lugar os días 4, 5 e 6 de xullo e viaxará por numerosos concellos da provincia de Pontevedra.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278720 {"title":"Lete Lasa destaca o Rallye Recalvi Rías Baixas como o máis lonxevo de Galicia que este ano volve ocupar o lugar que lle corresponde: \"a elite nacional\"","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/200624RIASBAIXAS.jpeg","id":"278720"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278720-lete-lasa-destaca-rallye-recalvi-rias-baixas-como-mais-lonxevo-galicia-ano-volve-ocupar-lugar-lle-corresponde-elite-nacional https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.