A Xunta aposta polo interior de Galicia como destino turístico desestacionalizado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial destacou que "o medio natural constitúe un gran atractivo turístico para Manzaneda, en particular, e a nosa comunidade, en xeral".
  • Manuel Pardo explicou que desde a Xunta de Galicia estamos a deseñar a nova Estratexia Galega de Turismo 2024-2030, que ten moi en conta as achegas do sector e que estará centrada na procura dun modelo máis sostible, máis desestacionalizado e no que os recursos distribuídos ao longo e ancho de todo o territorio galego xoguen un papel importante
  • O representante do Goberno galego recalcou a intención de consolidar a nosa comunidade como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo
  • A directora xeral de Patrimonio Natural incidiu no compromiso da Xunta cos espazos amparados baixo algunha figura de protección que se plasma cada ano en diferentes investimentos e liñas de actuación.

Ourense, 20 de xuño de 2024

"O interior de Galicia, especialmente da provincia de Ourense, é un destino que cada vez esperta máis atractivo. Somos conscientes de que nesta zona da nosa comunidade, marcada por unha orografía montañosa, podemos atraer un turismo de nicho, un turismo activo que valore especialmente o contacto coa natureza". Con este asentimento principiou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, a súa intervención na apertura das xornadas  'Capitalidade Española de Municipios de Montaña' que se desenvolven no concello de Manzaneda.

O delegado territorial  destacou que desde a Xunta de Galicia estamos a deseñar a nova Estratexia Galega de Turismo 2024-2030, que ten moi en conta as achegas do sector e que estará centrada na procura dun modelo máis sostible, máis desestacionalizado e no que os recursos distribuídos ao longo e ancho de todo o territorio galego xoguen un papel importante.

E avanzou que "promover Manzaneda como destino turístico, tanto no inverno coma no verán, é unha prioridade para Turismo de Galicia". Manuel Pardo sinalou que "apostamos por este territorio, pola súa gran potencialidade e por iso traballamos a prol da súa potenciación e promoción.  Sen dubida, o medio natural constitúe, así, un gran atractivo turístico para Manzaneda, en particular, e a nosa comunidade, en xeral".

Por isto - continuou o delegado territorial- "temos o compromiso de traballar na protección, conservación e posta en valor dos recursos naturais desta zona de Galicia. Neste sentido, un dos retos do Goberno galego é posicionar a nosa comunidade como modelo europeo de turismo sostible".

O representante do Goberno galego recalcou a intención de consolidar a nosa comunidade como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo.

Neste sentido, é fundamental que as empresas e profesionais do sector traballen tamén en base a este modelo de protección dos recursos. Isto supón un uso racional dos recursos produtivos vinculados ao negocio, e traballar para acadar un compromiso de responsabilidade empresarial no ámbito social, ambiental e económico.

Así, - rematou o delegado territorial- "iniciativas como a que hoxe estamos a presentar aquí resultan fundamentais para o asesoramento e a concienciación de todos os sectores e persoas relacionados co mundo da montaña".

Pola súa banda, a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, incidiu no compromiso da Xunta cos espazos amparados baixo algunha figura de protección —que abranguen actualmente o 42 % do territorio galego— que se plasma cada ano en diferentes investimentos e liñas de actuación.

Concretamente, nos vindeiros anos destinaranse 70 millóns de euros a impulsar de forma directa diferentes intervencións dentro dos seis parques naturais e do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia a través da planificación prevista nos seus respectivos plans de uso e xestión.

Ademais destas medidas de intervención directa, a directora xeral lembrou que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático tamén convoca axudas para que concellos, particulares e entidades poidan impulsar proxectos e actuacións que contribúan a preservar os espazos da Rede Natura 2000, os parques naturais e as sete reservas de biosfera existentes en Galicia. De feito, a comezos deste ano se convocaron tres ordes de subvencións con este fin por un importe global de 6,2 millóns de euros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278680 {"title":"A Xunta aposta polo interior de Galicia como destino turístico desestacionalizado","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/200624+Inauguracion+xornadas++montana++3.JPG","id":"278680"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278680-xunta-aposta-polo-interior-galicia-como-destino-turistico-desestacionalizado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.