A Xunta traballa na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan compensar as súas emisións

Imagen del artículo A Xunta traballa na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan compensar as súas emisións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, participou hoxe no programa de formación ambiental Reservas da Biosfera 2024. Captura de carbono e mercados de emisións, organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (Ceneam) do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico
  • Explica que será a Área de Información Forestal da Xera a encargada de artellar este mercado voluntario de créditos de carbono regulado na futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no Pleno da vindeira semana

Segovia, 25 de xuño de 2024

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, avanzou hoxe que a Xunta está traballando na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan ver compensadas as súas emisións de CO² e contribuír, así, á neutralidade climática ao financiar proxectos sostibles que persigan estes obxectivos.

Jacobo Aboal participou hoxe no programa de formación ambiental Reservas da Biosfera 2024. Captura de carbono e mercados de emisións, organizado polo Centro Nacional de Educación Ambiental (Ceneam) pertencente ao organismo autónomo Parques Nacionais do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Na súa intervención, Aboal explicou que será a Área de Información Forestal da Xera a encargada de artellar este mercado voluntario de créditos de carbono regulado na futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, que se debate no Pleno da vindeira semana.

Este mercado operará mediante créditos certificables que poden ser vendidos a través dunha plataforma de comercialización que servirá de nexo entre os axentes promotores dos proxectos  e os compensadores. Estes últimos -organizacións públicas e privadas, ou incluso cidadáns- son os que adquiran ou utilicen créditos de carbono, ben sexa como persoas intermediarias ou ben como axentes finais co fin de compensar as súas emisións.

O obxectivo é que tanto o tecido empresarial como os cidadáns poidan contribuír a loita contra o cambio climático mediante a financiación de proxectos sostibles impulsados por gandeiros ou silvicultores. No caso das empresas, este mercado permitiralles mercar créditos de carbono verificados e, deste xeito, acadar os obxectivos de neutralidade climática.

Este novo sistema incorporará metodoloxías pioneiras en España e ofrecerá no noso país unha alternativa ao mercado voluntario do Goberno central. Será interoperable con outros de ámbito estatal ou europeo, seguindo metodoloxías internacionais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278679 {"title":"A Xunta traballa na creación dun mercado voluntario de créditos de carbono para que empresas e cidadanía poidan compensar as súas emisións","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20062024+XeraCarbono1.jpeg","id":"278679"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278679-xunta-traballa-na-creacion-dun-mercado-voluntario-creditos-carbono-empresas-e-cidadania-poidan-compensar-as-suas-emisions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.