A Xunta remite aos sindicatos as instrucións transitorias para regular a FP o próximo curso, á espera da normativa definitiva do Ministerio

  • O documento ten como obxectivo dar certezas a centros, docentes e alumnos diante do retraso do Goberno central
  • A Xunta segue traballando na elaboración do decreto galego de ordenación da FP e o seu desenvolvemento, que non se poderá concretar ata que se publique o estatal

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP remite hoxe ás organizacións sindicais as instrucións sobre a ordenación e a organización da Formación Profesional para o vindeiro curso en Galicia. Trátase dunha normativa que se aplicará ao vindeiro ano académico e que ten por obxectivo dar certezas a centros, profesorado e alumnado diante da aplicación da nova lei estatal de FP a partir de setembro e os cambios que leva consigo a nivel de formación práctica ou modificación de módulos formativos. Para a súa elaboración contouse coa colaboración de varios grupos de traballo conformados por 300 docentes.

As instrucións teñen carácter transitorio, dado que a ordenación debe ser regulada por un novo decreto que a Xunta está xa a preparar. De feito, iniciou os trámites preceptivos en xaneiro. Porén, o retraso acumulado de meses por parte do Ministerio á hora de publicar a normativa estatal (en concreto a modificación do Real Decreto 659/2023 polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional), impide que o Goberno galego poida tramitar o decreto autonómico, dado que os seus detalles dependen do que o Ministerio estableza no real decreto nacional.

Deste xeito, as instrucións aplicaranse a partir de setembro ao primeiro curso dos ciclos formativos da oferta ordinaria, modalidade presencial e réxime xeral (é dicir, non inclúe nin a oferta modular nin a FP Dual intensiva) e aos cursos de especialización ou másteres de FP, segundo o calendario establecido polo Ministerio. Farase así unha transición progresiva que permita blindar o modelo de éxito da FP galega que leva funcionando 15 anos e que fai de Galicia un referente neste ámbito.

Novos módulos

Entre outros pormenores, as instrucións establecen os novos módulos que se incorporan no primeiro curso da oferta ordinaria e os seus currículos. Isto é, os módulos profesionais de Itinerario persoal para a empregabilidade I (Itinerario persoal para a empregabilidade no caso da FP de grao básico), de Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo e de Inglés Profesional. Así mesmo, e seguindo a normativa estatal, elimínase o módulo de Formación e orientación laboral.

Precisamente a distribución horaria do primeiro curso da oferta ordinaria e os currículos e contidos dos novos módulos constitúen unha das principais áreas arredor da que desenvolveron o seu labor os devanditos grupos de traballo. Isto permitiu elaborar un documento que recolle a organización dos módulos de primeiro curso para cada ciclo e os períodos semanais, que serven como orientación aos centros educativos.

Formación práctica

No referido á formación práctica, os ciclos poderán incorporar no primeiro curso un período de formación na empresa ou no organismo equiparado como parte integrada do currículo dos módulos profesionais, sempre e cando se cumpran as condicións establecidas nas instrucións. Representará como máximo 80 horas nos ciclos de grao básico e 200 horas nos ciclos de grao medio e de grao superior.

A fase de formación na empresa será determinada por cada centro en función das características da oferta formativa, das particularidades dos sectores produtivos ou da dispoñibilidade de postos formativos e das condicións do alumnado. En todo caso, a formación non realizada na empresa, por non se dar as características, será desenvolvida no centro.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278678 {"title":"A Xunta remite aos sindicatos as instrucións transitorias para regular a FP o próximo curso, á espera da normativa definitiva do Ministerio","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"278678"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278678-xunta-remite-aos-sindicatos-as-instrucions-transitorias-regular-fp-proximo-curso-espera-da-normativa-definitiva-do-ministerio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.