A Xunta financia con preto de 215.000 euros actuacións de mellora da eficiencia enerxética en catro empresas turísticas de Ferrolterra

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a pensión Casa Juanito á que se lle concedeu unha achega de preto de 130.000 euros para o illamento da fachada e a cuberta, así como para a instalación dun bomba de aerotermia e un sistema de climatización
  • Lembra que está aberto ata o 14 de novembro o prazo de solicitude dunha nova convocatoria dotada de 10 M€ á que poderán optar establecementos de aloxamento e restauración

Ferrol, 20 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as obras que se están a acometer na pensión Casa Juanito e que contan cunha achega autonómica de preto de 130.000 euros dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia.

Este establecemento é unha das catro empresas turísticas de Ferrolterra que resultaron beneficiarias da convocatoria do pasado ano que deixou 214.360 euros en achegas na zona. No caso da pensión Casa Juanito, a subvención concedida destinouse ás obras que se están a acometer de illamento da fachada e da cuberta, así como para a instalación dunha bomba de aerotermia e o sistema de climatización.

A delegada territorial destacou a importancia de apoiar a un sector en auxe "con axudas que non só lles van a permitir aforrar na súa factura da luz, senón tamén mellorar a imaxe e a calidade dos servizos turísticos que se prestan no noso territorio" e lembrou que se trata dunha medida incluída dentro das accións que leva a cabo a Xunta de Galicia para avanzar nun modelo turístico sostible.

Nova convocatoria

Aneiros aproveitou a ocasión para lembrar que Turismo de Galicia ten aberto ata o 14 de novembro o prazo de solicitude dunha nova convocatoria desta liña de axudas dotada cun investimento de 10M€ e coa que o Goberno galego "procura a modernización e mellora a competitividade do sector turísticos galego", dixo.

Como novidade deste ano, a convocatoria ábrese aos establecementos de restauración, non so de aloxamento como ata o momento; sufrágase a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte; non se pide antigüidade mínima nos edificios a rehabilitar e non hai unha esixencia mínima de aforro enerxético, entre outras.

Como norma xeral, a intensidade da axuda será de ata un 70% do custo total subvencionable do proxecto; aínda que poderá chegar ao 80 ou 90% no caso no que se acrediten aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30%.

Entre as actuacións subvencionables inclúese a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, das instalacións térmicas, a colocación de paneis fotovoltaicos para autoconsumo, renovación da iluminación e dos electrodomésticos e a instalacións de sistemas de automatización e control da enerxía. Os investimentos deberán estar executados antes de abril de 2025.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278608 {"title":"A Xunta financia con preto de 215.000 euros actuacións de mellora da eficiencia enerxética en catro empresas turísticas de Ferrolterra","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/CasaJuanito.jpg","id":"278608"} galicia Axencia de Turismo de Galicia; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278608-xunta-financia-preto-215-000-euros-actuacions-mellora-da-eficiencia-enerxetica-catro-empresas-turisticas-ferrolterra https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.