A Xunta pon en valor o compromiso social de Equiocio no desenvolvemento dun taller sobre solucións tecnolóxicas adaptadas á vida diaria

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Ferrol, Martina Aneiros, saudou aos participantes desta actividade desenvolvida en Espacio Vivo e na que participaron integrantes de varias entidades do ámbito sociosanitario de Ferrolterra

Ferrol, 20 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo hoxe en valor o compromiso social de Equiocio durante a celebración dun taller sobre tecnoloxía creativa adaptada á vida diaria. A iniciativa está incluída no calendario de actividades previas do programa Equiocio Inclusivo que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.

"Desde a Xunta de Galicia cremos firmemente no potencial da tecnoloxía para mellorar a calidade de vida das persoas", destacou Aneiros, "unha tecnoloxía que cando se emprega de maneira adecuada, é unha ferramenta poderosa que pode abrir portas, eliminar barreiras e ofrecer novas oportunidades a todas as persoas, independentemente das súas capacidades ou circunstancias".

A delegada territorial achegouse ás instalacións de Espacio Vivo, que colabora por primeira vez con Equiocio nesta programación de actividades, a saudar á preto dunha vintena de participantes que, divididos en dúas aulas, tomaron parte no taller denominado Solucións tecnolóxicas para a vida diaria.

Durante esta primeira sesión -haberá unha segunda-, os participantes, integrantes de entidades do ámbito sociosanitario como Afal, Alcer, Affinor, Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, Cogami, Patronato Concepción Arenal, Návitas e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, desenvolveron un prototipo modelado en 3D ou con Lego que posteriormente os responsables de Espacio Vivo imprimirán para que os alumnos lles realicen os axustes e probas finais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278605 {"title":"A Xunta pon en valor o compromiso social de Equiocio no desenvolvemento dun taller sobre solucións tecnolóxicas adaptadas á vida diaria","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/TallerEquiocio.jpg","id":"278605"} galicia C. de Política Social e Igualdade; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278605-xunta-pon-valor-compromiso-social-equiocio-desenvolvemento-dun-taller-solucions-tecnoloxicas-adaptadas-vida-diaria https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.