Xosé Merelles anima a escoller o turismo rural este verán, que suma atractivos e novas experiencias

Imagen del artículo Xosé Merelles anima a escoller o turismo rural este verán, que suma atractivos e novas experiencias

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural presentan en Chantada as accións de promoción e colaboración deste ano
  • Poranse en valor a relación destes aloxamentos co enoturismo, saúde, benestar e patrimonio e na comercialización dixital a través de galiciaturismorural.es

Chantada (Lugo), 30 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o presidente da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR), Francisco Xabier Almuíña Chorén, presentaron na casa rural das Xacias, en Chantada, a colaboración para a promoción do turismo rural e a comercialización dixital dos aloxamentos rurais de Galicia entre ambas entidades. No acto, Xosé Merelles animou a escoller este verán o turismo rural para seguir diversificando a oferta e aproveitar as novas experiencias que se van poñer en marcha ao abeiro desta colaboración "sobre a base da sustentabilidade e a calidade", indicou.

O director de Turismo de Galicia destacou que esta iniciativa engade "un valor significativo de carácter estratéxico no eido económico, social e do patrimonio natural e cultural do rural galego". Tamén puxo en valor a idoneidade da mesma na medida en que supón, dixo, a creación de experiencias, a xeración de ofertas diferenciadoras para distintos públicos e o fomento da cooperación público-privada.

"No noso modelo de turismo diversificado, este ano queremos animar tamén a que as persoas se aloxen no noso rural en verán", engadiu recordando o lema da campaña para este ano 'Pídeche Galicia' que vén de lanzarse e promove o destino Galicia como un lugar sostible no que desconectar. "Queremos chegar con ela ao mercado nacional e, no internacional a EEUU e mercados emisores importantes para Galicia como Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia ou Alemaña", indicou.

Tres liñas estratéxicas

O acordo asinado entre Turismo de Galicia e FEGATUR, no que a Xunta inviste 120.000 euros, implica a execución de accións en torno a tres liñas estratéxicas: a promoción do consumo do turismo rural, a formación e a comercialización dixital das experiencias e propostas de relax e aloxamento.

Neste sentido, propostas coma 'O valor da experiencia rural' que inclúe tamén 'Saberes, sentires e sabores', 'Galicia, turismo Rural Sostible' e 'Benestar para estar ben' servirán para poñer en valor a relación que existe entre os aloxamentos de turismo rural e o enogastroturismo, a saúde e benestar, a cultura e o patrimonio.

O acordo tamén inclúe propostas en materia de formación coma o programa 'Ollando o Turismo rural canda a quen vive e sabe del', que achega coñecemento e mellora na profesionalización das persoas propietarias de establecementos de turismo rural, e a comercialización dixital de experiencias e aloxamentos a través da plataforma galiciaturismorural.es e outras accións de promoción máis tradicionais.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278603 {"title":"Xosé Merelles anima a escoller o turismo rural este verán, que suma atractivos e novas experiencias","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150810\/20240620+NPConvenioFEGATUR+%281%29.jpeg","id":"278603"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278603-xose-merelles-anima-escoller-turismo-rural-veran-suma-atractivos-e-novas-experiencias https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.