A Xunta destina máis de 400.000 euros ás axudas a investimentos en materia de bioseguridade para o transporte de gando vivo

  • O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras destas achegas, que poderán beneficiar a titulares e propietarios de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada
  • Tamén poderán solicitar estas subvencións aquelas persoas que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección
  • O seu obxectivo é modernizar estes centros e que haxa o número suficiente para evitar a transmisión de enfermidades polo uso de vehículos sen limpeza axeitada
  • O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de hoxe

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a orde pola cal se establecen as bases reguladoras da convocatoria de 2024 para as axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou a construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo. As achegas contan cun orzamento de 423.129,09 euros financiados polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia dos Fondos Next Generation.

Poderán ser beneficiarias persoas que sexan titulares ou propietarias de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando vivo. Tamén poderán solicitar as achegas as persoas que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección. Serán subvencionables aquelas actuacións relacionadas coa modernización ou mellora dos equipamentos para acadar unha maior eficiencia nos sistemas de limpeza, a instalación de novas tecnoloxías para a limpeza e desinfección de vehículos para o transporte do gando e a construción de novos centros.

O seu obxectivo é modernizar estes centros e que haxa o número suficiente para evitar a transmisión de enfermidades polo uso de vehículos sen limpeza axeitada. Nesa liña, cabe apuntar que moitos destes vehículos son empregados para o transporte de diversos tipos de gandarías, pertencentes a múltiples explotacións. Coas achegas, poderíanse financiar solados, peches ou lectores de matrículas, entre outras actuacións. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes a partir de hoxe.  

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240619/AnuncioG0426-100624-0003_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
278532 {"title":"A Xunta destina máis de 400.000 euros ás axudas a investimentos en materia de bioseguridade para o transporte de gando vivo","published_date":"2024-06-20","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"278532"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-20/278532-xunta-destina-mais-400-000-euros-as-axudas-investimentos-materia-bioseguridade-transporte-gando-vivo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.