As axudas Innovapeme e Deseñapeme da Xunta beneficiaron a 28 empresas da provincia de Pontevedra en 2023

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O delegado territorial visitou, xunto á directora de GAIN e á alcaldesa de Marín, a empresa Mariscos Comesaña, que está usando estes programas para tratar de encontrar novas vías de comercialización aos subprodutos do pepino de mar
  • Estas axudas contan cun orzamento de preto de 3,5 millóns de euros e benefician a un total de 64 empresas en toda Galicia
  • Carmen Cotelo destacou a necesidade de seguir colaborando coas empresas para que Galicia siga sendo un referente en innovación e calidade

Marín (Pontevedra), 19 de xuño de 2024

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acompañou esta mañá á directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, nunha visita á empresa Mariscos Comesaña, no porto de Marín.

Trátase dunha das empresas beneficiadas polas axudas de GAIN para a mellora da capacidade de innovación das pemes en Galicia a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade e plans de innovación en procesos e organización (Deseñapeme e Innovapeme) .

Cabe destacar que estas axudas contan cun orzamento de preto de 3,5 millóns de euros e beneficiaron en 2023 a un total de 64 empresas, das cales 28 teñen sede na provincia de Pontevedra.

Os responsables de Mariscos Comesaña acompañaron á comitiva, na que tamén estivo a alcaldesa de Marín, María Ramallo, polas instalacións e salientaron as áreas de innovación nas que están traballando. En concreto, a empresa recibiu unha achega de máis de 63.000 euros para desenvolver un proxecto co que pretenden valorizar e explotar comercialmente os subprodutos obtidos na transformación da holoturia, máis coñecida como pepino de mar.

Trátase dun produto no que a empresa xa se está a especializar e que agora pretenden explotar máis aló da súa comercialización habitual. Neste sentido, os responsables de Mariscos Comesaña explicaron que a parte que normalmente se utiliza para consumo humano supón apenas o 8% deste animal, polo que esperan atopar novos usos gastronómicos ao restante.

Para afrontar estes retos, a empresa conta co coñecemento dos investigadores do centro tecnolóxico Anfaco-Cecopesca e do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, ambas entidades colaborarán no desenvolvemento destes novos produtos, así coma en optimizar  a súa produción para que sexa viable a súa comercialización.

 O delegado territorial aproveitou a visita para agradecer aos empresarios "a importante labor que levan a cabo" non só coa súa actividade diaria que "é imprescindible para que os produtos galegos sigan sendo percibidos como produtos de máxima calidade", senón tamén pola súa labor social "creando postos de emprego de calidade".

Pola súa banda, a directora de GAIN fixo fincapé na necesidade de que as administracións "sigan apoiando ás empresas, porque solo colaborando e traballando man a man conseguiremos que Galicia siga sendo un referente en innovación e calidade" e salientou a capacidade das universidades e os centros tecnolóxicos para traballar coas pemes en tecnoloxías que permite desenvolver e producir novos produtos innovadores, o que permite ás empresas ser máis competitivas nos mercados máis esixentes. 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277335 {"title":"As axudas Innovapeme e Deseñapeme da Xunta beneficiaron a 28 empresas da provincia de Pontevedra en 2023","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/1marin.jpeg","id":"277335"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277335-as-axudas-innovapeme-e-desenapeme-da-xunta-beneficiaron-28-empresas-da-provincia-pontevedra-2023 https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.