A Xunta reforza o seu operativo en materia de loita contra o lume coa colaboración de todas as administracións

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Diego Calvo incidiu na importancia da colaboración da sociedade na denuncia da actividade incendiaria e na coordinación entre administracións na loita contra o lume a través deste dispositivo de máis de 7.000 efectivos
  • A conselleira do Medio Rural salientou novidades no dispositivo como o aumento do tempo de traballo de parte do persoal laboral, a adquisición de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes ou a ampliación da rede de videovixilancia forestal

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participaron esta mañá na reunión do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para este ano. Este órgano, que está operativo desde o 1 de xullo ata o 30 de setembro, ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e do Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na comunidade galega, co fin de sumar sinerxías e anticiparse aos lumes.

A xuntanza de hoxe serviu para avaliar as principais novidades no dispositivo, como son o aumento do tempo de traballo de parte do persoal laboral, dependente da Consellería do Medio Rural, que pasará a actuar sete meses nesta anualidade; a adquisición de seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes ou a ampliación da rede de videovixilancia forestal.

No CIPIG participaron ademais, de xeito presencial ou por videoconferencia, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o xefe superior da Policía Nacional en Galicia, Ramón Gómez Nieto; o xefe-adxunto da Policía Autonómica, Vicente Carballo; e o coronel xefe da plana maior da XV Zona da Garda Civil en Galicia, Manuel Novo; xunto con representantes do Ministerio do Interior; do Ministerio de Defensa e do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Por parte da Xunta tamén asistiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

Tras a reunión, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes incidiu na necesidade da implicación e da colaboración da sociedade extremando as precaucións e colaborando na denuncia de calquera actividade delituosa incendiaria contactando coas forzas e corpos de seguridade. Na mesma liña, avogou pola coordinación entre as administracións na loita contra o lume e, deste xeito, a reunión de hoxe serve precisamente para abordar o dispositivo integrado por máis de 7.000 efectivos ante o comezo da tempada de alto risco de incendios o próximo 1 de xullo.

Entre os medios propios mobilizados que dependen da Consellería de Presidencia 215 efectivos da Policía Autonómica para a investigación de incendios forestais e 111 vehículos. Diego Calvo lembrou que é unha cifra similar ao ano pasado pese a que o Ministerio do Interior segue sen cubrir as prazas vacantes dun corpo de seguridade que se atopa a menos do 70% súa capacidade con 348 axentes.

A Policía Autonómica contará cun equipo multidisciplinar en investigación de lumes (EMIL) con competencias en toda a comunidade, do que formarán parte un especialista en investigación e con formación específica en investigación de incendios, outro experto na área de medio ambiente natural e un terceiro en pericias informáticas.

Por outra parte, a Axencia Galega de Emerxencias (Axega) tamén colaborará nas intervencións a través Grupo de Apoio Loxístico (GALI) facilitando medios técnicos como 6 drons ou 3 cisternas nodrizas con capacidade de 25.000 litros cada unha, ademais do reforzo de persoal no número de operadores e técnicos de garda dispoñibles.

Estes medios complétanse con outros de competencia municipal e supramunicipal aos que a Xunta apoia tanto nos gastos de funcionamento como na dotación de equipamento. Só en material para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) como ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC), o Goberno galego leva investidos máis de 27 millóns de euros.

Deste xeito, no dispositivo previsto para loitar contra os incendios forestais integraranse  432 bombeiros e 75 vehículos de parques municipais, outros 446 efectivos e 97 vehículos dos parques dos consorcios provinciais e comarcais, xunto con 402 profesionais de 35 Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e as 235 persoas voluntarias das 4.410 AVPC.

Novidades no Pladiga 2024

Pola súa banda, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recordou as principais novidades que se implantarán ao longo deste ano e que están compiladas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga). Así, destacou que neste 2024 o persoal laboral da Consellería pasará a actuar sete meses nesta anualidade, un máis que o ano pasado. Así, dous terzos do persoal anti incendios xa traballa todo o ano e o terzo restante chegará a facelo durante nove meses no horizonte de 2026.

Ademais, a Consellería vén de adquirir seis novas máquinas hidrostáticas polivalentes. Neste sentido, Gómez destacou que son máquinas autopropulsadas que permiten realizar tanto traballos preventivos de roza como de extinción, ao dispoñer de espazo para depósito de auga con lanza e enganches para mangueiras e soprador de aire para limpeza de calzadas e gabias.

Con todo, afondarase na mellora tecnolóxica do servizo coa instalación de móbiles, tablets e a aplicación Xeocode Lite nas motobombas do SPIF. A conselleira tamén destacou a mellora da rede de videovixilancia forestal, que este ano incrementa en 24 o número de cámaras dispoñibles en 12 localizacións diferentes, tres en cada provincia. Ampliarase a rede ata chegar ás 177 cámaras en 88 localizacións, polo que o servizo poderá abranguer máis do 85% do territorio galego.

Ambos mandatarios lembraron o número de teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria: o 900 815 085 e recordaron que tamén está a disposición da cidadanía o servizo gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal.  

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277333 {"title":"A Xunta reforza o seu operativo en materia de loita contra o lume coa colaboración de todas as administracións","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240619ReunionCipig5.jpg","id":"277333"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277333-xunta-reforza-seu-operativo-materia-loita-lume-coa-colaboracion-as-administracions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.