Román Rodríguez destaca o talento que atesoura Galicia no eido científico e a capacidade xornalística de transmitir os seus avances á sociedade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro participa na entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2024 organizados pola Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, clausurou esta tarde o acto de entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, de Xornalismo Científico Celia Brañas e de Divulgación Científica 2024 convocados pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Xunta de Galicia. Ao acto tamén asistiu a directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.

O titular do departamento de Ciencia da destacou que estes premios poñen de manifesto "o gran talento que atesoura Galicia no eido científico e a capacidade de traducir eses avances para o conxunto da cidadanía desde as principais plataformas de comunicación". "É vital contar con voces autorizadas que entendan a magnitude dos avances científicos e tecnolóxicos e saiban expresalo cunha linguaxe universal", afirmou.

Román Rodríguez puxo en valor importancia da transferencia de coñecemento desde os centros de investigación ata o tecido produtivo para abordar iniciativas innovadoras e necesarias para fortalecer a actividade industrial. "Desde a Xunta, somos conscientes da importancia de fomentar a ciencia polo seu efecto dinamizador e potenciador da cultura empresarial", expuxo.

O Premio á Divulgación Científica 2024 foi para a matemática da Universidade de Santiago Elena Vázquez Abal, mentres que os de Xornalismo Científico recaeron nas xornalistas Sandra Penelas, por unha peza publicada no Faro de Vigo e Elisabet Fernández, por unha información publicada no xornal La Región. Os galardóns á Transferencia Tecnolóxica foron para o equipo da Universidade de Santiago coordinado por Juan Manuel Garrido, que desenvolveu unha tecnoloxía para extraer estruvita das augas residuais, e para investigadores da Universidade da Coruña que desenvolveron materiais novidosos para lograr sistemas de refrixeración e calefacción máis ecolóxicos, coordinados por liderados por María Antonia Señarís.

Impulso da transferencia

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional colabora coa Real Academia Galega de Ciencias na convocatoria destes galardóns que premian casos de éxito de transferencia de coñecemento en Galicia e recoñecen o papel dos medios de comunicación na achegar a ciencia á sociedade galega, así como premiar a traxectoria dunha persoa ou dun programa orientado á difusión ou divulgación da ciencia en Galicia.

A transferencia de coñecemento dos centros de investigación ao tecido produtivo constitúe unha prioridade na política de I+D da Xunta, tal como recolle a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-2027 (RIS3). Neste eido, destaca o programa Ignicia Transferencia de Coñecemento, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Barrié desde o 2016 co obxectivo de apoiar a chegada ao mercado dos resultados da investigación que se realiza nos centros de coñecemento galegos.

De feito, un dos proxectos premiados nesta edición dos galardóns, ECOFROST da Universidade de Coruña, participa neste programa que, desde a súa posta en marcha, apoiou 32 proxectos e impulsou a creación de 10 spin-offs, que permitiron a creación de 129 empregos e a captación de preto de 20M€ en investimento público-privado, ademais doutras actuacións de valorización do coñecemento.

Pola súa banda, a comunicación e a divulgación das capacidades do noso ecosistema de I+D+i á cidadanía constitúen un desafío para as políticas de I+D+i da nosa Comunidade, na medida en que permiten facer partícipe á cidadanía da importancia da I+D+i para responder ás súas demandas e necesidades.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277329 {"title":"Román Rodríguez destaca o talento que atesoura Galicia no eido científico e a capacidade xornalística de transmitir os seus avances á sociedade","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619_EducacionCiencia_PremiosTecnoloxia_MAC-12.JPG","id":"277329"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277329-roman-rodriguez-destaca-talento-atesoura-galicia-eido-cientifico-e-capacidade-xornalistica-transmitir-os-seus-avances-sociedade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.