A Xunta salienta o fenómeno Xacobeo como símbolo de unión de pobos e culturas

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron na sesión de ingreso do xurista Carlos Lema Devesa como Académico de Honra da Academia Xacobea

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron na sesión de ingreso do xurista Carlos Lema como Académico de Honra da Academia Xacobea. No peche do acto, Diego Calvo referiuse ao fenómeno xacobeo como símbolo de unión de pobos e culturas, e eloxiou o labor desenvolvido pola Academia para promover o estudo, a investigación e a promoción arredor del.

Para o conselleiro, igual de importante que os fins que identifican esta entidade son as persoas que a integran, todas elas expertas de recoñecido prestixio pola súa formación académica ou traxectoria profesional en diversos ámbitos. Así, afirmou que a incorporación do recoñecido xurista Carlos Lema "enriquecerá o labor da Academia Xacobea con novos proxectos a prol dun mellor coñecemento do que representa o fenómeno xacobeo para Galicia".

Diego Calvo referiuse ao traballo de promoción de Galicia en xeral, e dos profesionais da xurisprudencia en particular, que xa realiza Carlos Lema como presidente da Asociación de Xuristas Galegos en Madrid e con iniciativas como o libro Ilustres xuristas galegos, do que é autor.   

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
277327 {"title":"A Xunta salienta o fenómeno Xacobeo como símbolo de unión de pobos e culturas","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619_xacobea_x-1.jpg","id":"277327"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/277327-xunta-salienta-fenomeno-xacobeo-como-simbolo-union-pobos-e-culturas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.