A Xunta destaca que o programa de desenvolvemento rural de Galicia acada xa unha execución financeira de máis do 83 % do seu importe total

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • María José Gómez avanzou que precisamente mañá terá lugar en Curtis a reunión do comité de seguimento do PDR de Galicia, que -salientou- está supoñendo, en conxunto, a mobilización duns 1.600 millóns de euros de gasto público total na nosa comunidade
  • Subliñou tamén que o grao de aplicación do PDR galego supera en seis puntos a media nacional, que se sitúa no 77,2 %
  • Remarcou que o programa supón unha aposta por fomentar a competitividade da agricultura en Galicia, así como por conservar e revalorizar o seu patrimonio natural e por mellorar a calidade de vida da poboación rural

Curtis (A Coruña), 19 de xuño de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou hoxe que o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia acada xa unha execución financeira que supera o 83 % do seu importe total. Isto significa, subliñou, que xa se executaron por parte da Xunta máis de 1.300 millóns de euros ao abeiro deste programa, e ademais que o grao de aplicación do PDR supera en seis puntos a media nacional, que se sitúa no 77,2 %.

Gómez fixo estas valoracións na súa visita a Piensos del Sil, empresa situada no polígono industrial de Curtis, e na que estivo acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería, Jorge Atán, polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo alcalde da localidade, Javier Caínzos.

Esta compañía -salientou a conselleira- é unha referencia na fabricación de pensos compostos, con máis de seis décadas de experiencia, e precisamente foi beneficiaria de axudas enmarcadas no PDR para un investimento de preto de seis millóns de euros que permitiron a construción dunha nova factoría en Curtis. Nesta localidade coruñesa vaise reunir, mañá mesmo, o comité de seguimento deste Programa que, tal e como trasladou María José Gómez, está supoñendo, en conxunto, a mobilización duns 1.600 millóns de euros de gasto público total en Galicia.

Importancia do PDR para o rural galego

Nesta liña, a conselleira insistiu na importancia do PDR para o rural galego, xa que supón unha aposta por fomentar a competitividade da agricultura na nosa comunidade, así como por conservar e revalorizar o seu patrimonio natural, promovendo a xestión sustentable dos recursos e a loita contra o cambio climático. Este programa representa ademais, segundo Gómez, unha clara orientación cara á mellora da calidade de vida da poboación rural.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276944 {"title":"A Xunta destaca que o programa de desenvolvemento rural de Galicia acada xa unha execución financeira de máis do 83 % do seu importe total","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/240619_ConseMR_Piensos+Sil+I.JPG","id":"276944"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276944-xunta-destaca-programa-desenvolvemento-rural-galicia-acada-xa-unha-execucion-financeira-mais-do-83-do-seu-importe-total https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.