A Xunta destaca o valor innovador das startups da Business Factory Aero e a súa pegada no avance do sector aeroespacial

Imagen del artículo A Xunta destaca o valor innovador das startups da Business Factory Aero e a súa pegada no avance do sector aeroespacial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu a unha demostración da tecnoloxía Suite Acre, desenvolvida por Vig-Sec Drone, startup participante na 5ª edición da Business Factory Aero
  • O software probado hoxe facilita a xestión das emerxencias e o control total do espazo aéreo, permitindo o uso simultáneo de drons e aeronaves tripuladas, reducindo o impacto e o tempo de intervención

Nigrán, 19 de xuño de 2024

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, asistiu hoxe a unha pioneira demostración da tecnoloxía Suite Acre, da startup Vig-Sec Drone, que posibilita unha mellor coordinación das emerxencias ao permitir realizar voos simultáneos de vehículos non tripulados e aeronaves convencionais nun mesmo espazo aéreo de forma segura. "É fundamental o valor innovador de startups como Vig-Sec Drone, que desenvolven tecnoloxías de alto interese para o avance do sector aeroespacial e, de forma específica, do segmento dos vehículos non tripulados", sinalou Ardao ao remate da proba.

O proxecto Suite ACRE (Área de Control Restrinxida de Emerxencias) é un software de xestión do espazo aéreo de emerxencias que permite o uso simultáneo de aeronaves tripuladas e non tripuladas, reducindo o impacto e o tempo de intervención nestas situacións.

Valorado pola súa singularidade para o sector aeronáutico e aeroespacial galego, este proxecto, que participou tamén na 7ª edición de ViaGalicia -programa de aceleración de empresas promovido pola Xunta de Galicia e o Consorcio da Zona Franca de Vigo-, recibe titorización e mentorización na Business Factory Aero (BFAero) logo de que a startup fose seleccionada no itinerario de aceleración da 5ª edición. Vig-Sec Drone tamén forma parte do programa Civil UAVs Initiative da Xunta de Galicia.

A demostración realizada hoxe en Porto do Molle (Nigrán) é fundamental para a validación desta tecnoloxía e consistiu na recreación dun espazo de emerxencia coa presenza dun helicóptero e dun dron. Durante a proba realizáronse voos a diferentes alturas e distancias, co uso do software Suite Acre e sen el, e analizouse a capacidade da aeronave tripulada para identificar o dron de forma manual.

5 edicións da BFAero

A Business Factory Aero desenvolveu ata a data 5 edicións do seu programa, no que participaron 43 proxectos empresariais: 15 en incubación, 21 en aceleración e 7 en consolidación, que xeraron 182 empregos e, nas catro primeiras edicións, obtiveron un investimento de 1,65 M€ e unha facturación conxunta de 6,54 M€.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276941 {"title":"A Xunta destaca o valor innovador das startups da Business Factory Aero e a súa pegada no avance do sector aeroespacial","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/20240619+DXEISEDemoSuiteACRE_1.jpeg","id":"276941"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276941-xunta-destaca-valor-innovador-das-startups-da-business-factory-aero-e-sua-pegada-avance-do-sector-aeroespacial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.