Lorenzana aborda coa Asociación de Empresarios do Tambre novas medidas de impulso ao Biopolo Sionlla

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía e Industria mantivo un encontro con responsables da entidade no que destacou o potencial biotecnolóxico galego e comprometeu o apoio da Xunta na súa industrialización a través da nova Oficina Económica de Galicia que xestiona o Igape

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, ratificou hoxe o compromiso da Xunta por continuar impulsando o sector da biotecnoloxía a través da coordinación e o traballo conxunto co Biopolo Sionlla-Polo Biotecnolóxico de Galicia. Facíao logo de manter un encontro con responsables da Asociación de Empresarios do Tambre, onde se asenta o polo, cos que abordou a posta en marcha de novas accións para incrementar a competitividade do sector a través da colaboración público-privada.

Lorenzana destacou o potencial de Galicia neste eido, "un sector en auxe polo que o Goberno galego leva apostando desde hai anos e que en Galicia xera máis de 5.000 empregos e representa o 1,8% do produto interior bruto galego". Ademais, a conselleira de Economía e Industria avanzou que este apoio da Xunta ao sector biotecnolóxico continuará "aínda con máis forza se cabe, xa que agora contamos cun novo instrumento como é a Oficina Económica de Galicia que xestiona o Igape, que facilitará a industrialización do sector".

Nesta liña, a conselleira lembrou que a nova Oficina Económica de Galicia constitúe un punto único de entrada a aquelas iniciativas empresariais e industriais que se queiran asentar ou medrar na comunidade. Un servizo que ofrece asesoramento, información e seguimento individualizado poñendo o foco no financiamento e na axuda que precisa o proxecto. Desde a súa entrada en funcionamento, no mes de abril, rexistrou máis de 1.900 consultas e preto de 200 citas de acompañamento a empresas galegas.

Finalmente, María Jesús Lorenzana reiterou a importancia de aproveitar o potencial biotecnolóxico de Galicia e máis concretamente do Biopolo Sionlla, "un exemplo de colaboración entre administración e empresa fundamental para atraer talento, fomentar a innovación e mellorar a competitividade do noso tecido empresarial", concluíu.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276714 {"title":"Lorenzana aborda coa Asociación de Empresarios do Tambre novas medidas de impulso ao Biopolo Sionlla","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/20240619+Lorenzana+Empresarios+Tambre_1.jpg","id":"276714"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276714-lorenzana-aborda-coa-asociacion-empresarios-do-tambre-novas-medidas-impulso-ao-biopolo-sionlla https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.