A Xunta finaliza a reforma da PO-552 ao seu paso por Baiona

Imagen del artículo A Xunta finaliza a reforma da PO-552 ao seu paso por Baiona

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores os traballos que levou a cabo o Goberno galego na principal arteria da vila

Baiona (Pontevedra), 19 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores as obras que levou a cabo a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Baiona para a reforma da travesía que cruza a vila a través da estrada PO-552. Durante a visita xunto ao alcalde, Jesús Vázquez Almuiña, a representante autonómica avanzou que os traballos xa remataron tras realizar un investimento de 45.584,87 euros e nas vindeiras horas procederase ao pintado.

"O obxectivo era ter rematada a mellora da avenida antes da temporada de verano na que aumenta considerablemente o tráfico, de maneira que afecte o menos posible á mobilidade", asegurou a representante autonómica.

A actuación foi dirixida á reparación do firme da estrada PO 552 na travesía de baiona, e en concreto entre a glorieta de entrada ao porto e lonxa de Baiona e o acceso ao Parador de Monterreal. Deste modo, mellorouse o pavimento e a drenaxe, ademais de reducir o ruído. Os traballos tamén incluiron as beiravías e os aparcamentos, así como a reposición da sinalización horizontal.

Nigrán e Gondomar

A Xunta adxudicou tamén este mes de xuño, por importe de 1.182.948 euros, as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas PO-340, PO-331 e PO-332 ao seu paso polos concellos de Nigrán e de Gondomar. As intervencións incluídas neste contrato levaranse a cabo no treito da PO-340, a estrada Tui e A Ramallosa, na PO-331, que une Torneiros e Gondomar, e no treito inicial da estrada PO-332, Nigrán-Vincios.

As actuacións, que contan cun prazo de execución de nove meses, teñen como obxecto a rehabilitación localizada do firme mediante o fresado e a reposición da capa de rodaxe, coa finalidade de mellorar as condicións de circulación en varios treitos destas tres estradas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276713 {"title":"A Xunta finaliza a reforma da PO-552 ao seu paso por Baiona","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/_DSC6334.jpg","id":"276713"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276713-xunta-finaliza-reforma-da-po-552-ao-seu-paso-baiona https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.