Os premios Innovagal recoñecen o labor dos centros de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova a prol da innovación educativa

Imagen del artículo Os premios Innovagal recoñecen o labor dos centros de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova a prol da innovación educativa

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O obxectivo é poñer en valor os centros que desenvolven enfoques didácticos para dar reposta ás necesidades particulares do seu alumnado
  • "Os premios son mostra de que en Galicia hai un sistema equitativo que xera igualdade de oportunidades entre os centros, sen importar na zona na que se atopen", destaca o conselleiro

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, presidiu hoxe a entrega de premios Innovagal que distinguen as boas iniciativas no ámbito da innovación Educativa. 

O titular do departamento educativo galego puxo en valor a importancia do galardón no fomento da creatividade como unha poderosa ferramenta para afrontar os retos futuros. Os premios teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado galego. De esta maneira, tamén se consegue o avance da sociedade no seu conxunto.

No acto, entregáronse os galardóns nas dúas categorías de participación: premios para os centros que imparten Educación Infantil e para os de Secundaria e de adultos. Durante a xornada, o titular do departamento educativo galego quixo destacar a variedade xeográfica dos centros, que é "mostra de que en Galicia hai un sistema equitativo que xera igualdade de oportunidades entre os centros, sen importar na zona na que se atopen", destaca o conselleiro.

Na primeira modalidade, o gañador é o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes, segundo o Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa), terceiro o Colexio CEIP Plurilingüe nº1  (Tui) e a mención de honra para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo).

No caso da segunda categoría, para centros de Secundaria e de adultos, o primeiro premio é para o Colexio O Cruce (Cerceda), o segundo para o Instituto IES Maximino Romero de Lema (Zas), o terceiro para o Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e a mención de honra para o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova).

Premio

Categoría A

Categoría B

CEIP Plurilingüe de Outes

CPI Plurilingüe O Cruce

CEIP de Viñagrande-Deiro

IES Maximino Romero de Lema

CEIP Plurilingüe de Nº1

CPI Plurilingüe Virxe de Cela

Mención de honra

CEIP Plurilingüe de Carrasqueira

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro

 

Os primeiros premios están dotados con 10.000€, os segundos con 6.000€, os terceiros con 3.000€ e as mencións de honra con 1.000€. Ademais da dotación económica do galardón, os centros vencedores reciben o distintivo de Centro educativo Innovagal, cunha vixencia de catro cursos escolares.

Aposta polo medioambiente, o benestar e os proxectos STEM

O primeiro premio da modalidade A é para o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes. O centro aposta por fomentar o benestar emocional do alumnado e a sostibilidade. Tendo isto en conta, emprega unha metodoloxía de aprendizaxe activa e dinámica, centrada no respecto ao medio ambiente de forma transversal.

Pola súa banda, o gañador da segunda categoría é o Colexio CPI Plurilingüe O Cruce. O centro desenvolveu un proxecto de innovación cunha forte aposta polas accións STEM relacionadas coa defensa do medio ambiente. As actividades fomentan o coñecemento da contorna e a conservación da natureza.

Os centros Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro e o Instituto Maximino Romero reciben o segundo galardón das dúas modalidades. A escola creou espazos e dinámicas que respectan a infancia, potenciando a autonomía, a intelixencia emocional, a comunicación asertiva e o pensamento diverxente. Pola súa parte, o instituto centrou o seu proxecto innovador na posta en marcha de proxectos STEM a través do Club de Ciencia e dos Polos Creativos. Ambas institucións melloran o rendemento académico e a motivación dos estudantes.

O Colexio CEIP Plurilingüe nº1 recibe o terceiro premio por fomentar a creatividade e a tecnoloxía para conseguir o cambio metodolóxico, que inclúe melloras como a docencia compartida, as parellas pedagóxicas e o traballo por ámbitos que redundan en beneficio de todo o alumnado. Pola súa banda, o CPI Plurilingüe Virxe de Cela tamén é galardoado con este premio polo proxecto MonferoSolidario, que ten como obxectivo mellorar a calidade educativa e dar respostas ás necesidades identificadas polo claustro. 

As mencións de honras son para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira e o Instituto IES Celanova Celso. A escola de Vigo fomenta unha metodoloxía de ensinanza inclusiva, a través do traballo en equipo e a formación do profesorado neste ámbito. Este centro, durante os últimos cursos, puxo en marcha pedagoxías activas (consello de nen@s, comisión de patios) e manipulativas que favorecen unha aprendizaxe por competencias. 

O Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro parte da súa localización para desenvolver o proxecto Arredor do Mosteiro, que xira en torno a posta en valor do patrimonio e a optimización dos espazos. A iniciativa abre o centro á contorna a través de diferentes actividades como charlas, concertos ou obradoiros.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276704 {"title":"Os premios Innovagal recoñecen o labor dos centros de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova a prol da innovación educativa","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150807\/20240619PremiosInnovagal.jpg","id":"276704"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276704-os-premios-innovagal-reconecen-labor-dos-centros-outes-cerceda-vilanova-zas-tui-monfero-vigo-e-celanova-prol-da-innovacion-educativa https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.