Medio Rural destina máis de 4 M€ en axudas para a adquisición de maquinaria agrícola en común

  • Con estas subvencións, cuxa convocatoria se publica hoxe en DOG, a Xunta de Galicia potencia o asociacionismo e a mellora da eficiencia tecnolóxica e económica das explotacións agrarias
  • A Consellería do Medio Rural convocou estas axudas en oito ocasións no marco do PDR 2014-2020 cunha achega total de 28,22 M€

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2024

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria das axudas destinadas ao fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo cunha dotación de 4,15 M€. As achegas están dirixidas a cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT), que poderán financiar todo tipo de maquinaria de uso común, sempre que supoñan unha redución de custos de produción ou incrementen a súa produtividade. Tamén se consideran financiables os estudos técnico-económicos de viabilidade da operación.

Os obxectivos desta orde son promover a maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, racionalizar os custes de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético na procura dunha mellora de calidade de vida no medio rural.

Estas axudas están financiadas co Instrumento de Recuperación da Unión Europea (EURI) e prevese a súa continuidade nos vindeiros anos dentro das medidas do Plan Estratéxico da PAC (PEPAC). Nesta liña, compleméntanse coa orde destinada a instalacións e equipamentos en común.

A Consellería do Medio Rural leva promovendo estas axudas no marco do PDR 2014-2020 dende 2016 e convocáronse anualmente dende entón, o que supuxo unha achega total de 28,22 millóns de euros. Durante este período, a provincia da Coruña agrupou a metade dos expedientes e do investimento, seguida de Pontevedra e Lugo, con case o 25% cada unha, mentres que Ourense tivo un menor número. Os tipos de maquinaria agrícola subvencionada máis solicitados foron os carros mesturadores, os angazos, os tractores e as segadoras. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará dende o día seguinte á da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón á convocatoria no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240619/AnuncioG0426-100624-0001_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
276554 {"title":"Medio Rural destina máis de 4 M€ en axudas para a adquisición de maquinaria agrícola en común","published_date":"2024-06-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"276554"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-19/276554-medio-rural-destina-mais-4-m-axudas-adquisicion-maquinaria-agricola-comun https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.