As novas liñas de autobús de Sanxenxo impulsadas polo concello para o verán co apoio da Xunta comezan a funcionar esta fin de semana

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou esta mañá no percorrido de proba do servizo lanzadeira, ao que se suman dous circulares
  • Estarán en funcionamento ata o 8 de setembro e as persoas usuarias da Tarxeta de Mobilidade de Galicia poderán beneficiarse das bonificacións existentes

Sanxenxo (Pontevedra), 18 de xuño de 2024

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou hoxe no percorrido de proba da liña lanzadeira que se porá en marcha esta fin de semana en Sanxenxo no marco do acordo asinado entre a Xunta, o Concello e a UTE do transporte XG-626. Trátase dun dos novos servizos municipais previstos para este verán ao abeiro do convenio, xa que haberá tamén dúas liñas circulares con saída e chegada na igrexa de Sanxenxo. O seu funcionamento prolongarase ata o 8 de setembro.

Segundo sinalou a directora xeral, a iniciativa enmárcase no obxectivo de reducir o uso do vehículo privado e de fomentar o transporte público, a prol dunha mobilidade sustentable en Galicia. Nesta liña, indicou que as persoas usuarias das novas liñas municipais de autobús poderán beneficiarse dos descontos e vantaxes da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG), con bonificacións que  na actualidade chegan ao 50%. Ademais, os menores de 21 anos poden realizar ata 60 viaxes ao mes de maneira gratuíta coa Tarxeta Xente Nova, ao igual que todas as persoas maiores de 65 anos con tarxeta TMG.

A liña lanzadeira probada hoxe conta con paradas no polígono de Nantes, no Hotel Terraza e en Baltar-Rotonda de Hipercor, cunha duración estimada da viaxe de pouco máis de 15 minutos. Haberá 32 expedicións diarias cada media hora, entre as 8,00 e as 23,30 horas.

Pola súa banda, as dúas liñas circulares (facendo o percorrido unha en cada sentido), teñen a igrexa de Sanxenxo como punto de inicio e fin, percorrendo o concello con 29 paradas cada unha delas nun tempo estimado de 50 minutos. Haberá 16 expedicións diarias, tanto de ida como de volta (32 en total), con saídas cada hora desde as 08,00 ata as 23,00 no caso das idas, e desde as 08,30 ata as 00,30 no caso das voltas.

A través desta iniciativa búscase darlles resposta ás necesidades de mobilidade colectiva detectadas en Sanxenxo, conectando diversos puntos do concello e servindo de conexión cos servizos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral.  A medida permitirá tamén diminuír a conxestión viaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274920 {"title":"As novas liñas de autobús de Sanxenxo impulsadas polo concello para o verán co apoio da Xunta comezan a funcionar esta fin de semana","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618DXMProbaNovasLi%C3%B1asSanxenxo1.JPG","id":"274920"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274920-as-novas-linas-autobus-sanxenxo-impulsadas-polo-concello-veran-co-apoio-da-xunta-comezan-funcionar-fin-semana https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.