Lorenzana reúnese coa Federación Galega de Talleres para avaliar a mellora da competitividade dun sector en plena transformación

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía e Industria avanzou o apoio do Goberno da Xunta a un negocio que aglutina a máis de 2.100 empresas e da traballo a 8.400 persoas en Galicia e que está a facer fronte aos novos retos que leva aparellados a descarbonización e a electrificación da automoción

Santiago, 18 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse hoxe con representantes da Federación Galega de Talleres (FEGAT) para avaliar as posibilidades de mellora da competitividade dun sector que está en plena transformación por mor dos procesos de descarbonización e da electrificación do automóbil.

FEGAT integra ás asociacións de Ourense, A Coruña, Pontevedra, Santiago e Lugo e engloba a máis de 2.100 compañías e 8.400 postos de traballo, o 90% do centro de talleres que existen na actualidade en Galicia.

Durante a reunión, Lorenzana confirmou a aposta da Xunta por un sector relevante para a economía galega, tanto pola súa implicación na industria da automoción, polo propio servizo de atención que ofrecen á cidadanía así como pola incidencia que teñen no ámbito rural como xeradores de emprego e riqueza.

Nesta liña, conselleira e responsables de FEGAT analizaron a posibilidade de apoiar ao sector logo de avaliar os retos aos que se enfrontan, tanto desde o punto de vista normativo, como de exixencias para abordar os procesos de descarbonización e electrificación, e en materia de seguridade industrial. Neste último punto, Lorenzana lembroulles que o Goberno galego vén de acordar no Consello da Xunta un programa extraordinario de medidas neste eido que a Consellería de Economía e Industria vai desenvolver no ámbito autonómico ao longo deste ano 2024.

Este programa extraordinario ten o obxectivo de mellorar e fortalecer a seguridade industrial na Comunidade Autónoma e inclúe entre as accións a desenvolver: o plan de inspección para o ano 2024 que se complementará cun plan extraordinario de inspección sobre seguridade industrial; actuacións de fomento e difusión da seguridade industrial en Galicia; procedementos de regularización administrativa de instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial; ou a posta en marcha do Consello Galego de Seguridade Industrial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274919 {"title":"Lorenzana reúnese coa Federación Galega de Talleres para avaliar a mellora da competitividade dun sector en plena transformación","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618+Lorenzana+Reuni%C3%B3n+FEGAT_1.JPG","id":"274919"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274919-lorenzana-reunese-coa-federacion-galega-talleres-avaliar-mellora-da-competitividade-dun-sector-plena-transformacion https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.