A Xunta inviste 115.000 € no proxecto de metaverso 'Universo Uvigo'

Imagen del artículo A Xunta inviste 115.000 € no proxecto de metaverso 'Universo Uvigo'

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o reitor, Manuel Reigosa, comproban o funcionamento do sistema, que afonda nas posibilidades do metaverso

Pontevedra, 18 de xuño de 2024

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, comprobaron hoxe o funcionamento de UNIverso UVigo, o proxecto de metaverso impulsado pola universidade viguesa e que se presentou hoxe na Facultade de Comunicación do Campus de Pontevedra. A Xunta inviste 115.000€ nesta iniciativa.

En concreto, hoxe presentouse Simulacro, unha aplicación de realidade virtual inserida neste proxecto para a simulación de procesos de creación audiovisual. A través duns lentes de realidade virtual, permite o alumnado realizar labores de realización, dirección de fotografía e manexo de cámaras nun plató virtual.

O obxectivo de UniversoUVigo é afondar nas posibilidades do metaverso a través dun prototipo que albergará espazos de encontro, ensinanza e aprendizaxe. O plan piloto inclúe a virtualización de laboratorios para que poidan ser empregados por distintas titulacións para diferentes tarefas, o que evitaría ter que duplicar laboratorios idénticos, cun alto custo, dado que a virtualización permitiría o seu uso desde diferentes centros. Grazas ás ferramentas de software xeradas a través da iniciativa facilítase o traballo remoto a este entorno virtual desde terminais con prestacións limitadas.

54M€ desde 2019

Tal e como explicou o representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, o proxecto está cofinanciado polo Goberno galego a través dos convenios para o desenvolvemento de accións estratéxicas de I+D+i, "que constitúen unha das principais aposta da Xunta de Galicia para o fortalecemento do ecosistema de investigación nas universidades públicas", afirmou. "Desde 2019, cando se creou esta liña de financiamento para accións estratéxicas de I+D+i, levamos investidos 54M€ nestes convenios", salientou.

 

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274540 {"title":"A Xunta inviste 115.000 € no proxecto de metaverso 'Universo Uvigo'","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618ProxectoUNIversoUVigo.JPG","id":"274540"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274540-xunta-inviste-115-000-proxecto-metaverso-universo-uvigo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.