A Xunta e o concello de Ribadeo selan a colaboración para o desenvolvemento do centro que xestiona a área Rexurbe deste municipio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A Xunta cofinanciará nun 60% o funcionamento deste centro dependente do Concello, achegando un investimento de preto de 115.000€ para os anos 2024, 2025 e 2026

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue e o alcalde, Daniel Vega Pérez, veñen de asinar  en Santiago o convenio de colaboración para o desenvolvemento do centro que xestionará a área Rexurbe deste municipio.

A Xunta cofinanciará nun 60% o funcionamento deste centro dependente do Concello, achegando un investimento de preto de 115.000€ para os anos 2024, 2025 e 2026.

O convenio establece que lle corresponde ao Concello a creación e xestión do centro Rexurbe, dotándoo dos medios materiais e humanos necesarios para atender as finalidades que lle encomenda a Lei de rehabilitación.

Estas instalacións funcionarán como punto de información, asesoramento, xestión, seguimento e difusión da área Rexurbe de Ribadeo, co obxectivo de impulsar as actuacións de recuperación, rexeneración e dinamización da área.

O centro deberá dispoñer do persoal necesario e un local accesible ao público, con entrada independente. Tamén contará cos programas informáticos compatibles coa plataforma informática de Rehabilitación que facilite o Instituto Galego da Vivenda e Solo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274381 {"title":"A Xunta e o concello de Ribadeo selan a colaboración para o desenvolvemento do centro que xestiona a área Rexurbe deste municipio","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/240617_VivendaPlanificacion_AcuerdoColaboracion+_MAC-0.JPG","id":"274381"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274381-xunta-e-concello-ribadeo-selan-colaboracion-desenvolvemento-do-centro-xestiona-area-rexurbe-deste-municipio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.