A Xunta e a Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe coinciden na urxencia de que o Goberno central cumpra os seus compromisos coa liña ferroviaria galega

Imagen del artículo A Xunta e a Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe coinciden na urxencia de que o Goberno central cumpra os seus compromisos coa liña ferroviaria galega

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa voceira da entidade, Iria Méndez 

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa voceira da Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe, Iria Méndez, para coñecer as demandas deste colectivo en relación cos servizos ferroviarios de Galicia e trasladarllas ao Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible. Na reunión participou tamén a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.

O conselleiro informou a Iria Méndez das distintas cartas remitidas ao ministro Óscar Puente, nas que se insistía na urxencia de manter un encontro para abordar as necesidades e carencias das liñas de ferrocarril en Galicia, sen obter resposta. Mesmo a semana pasada, Diego Calvo daba conta no Parlamento de Galicia dos numerosos incumprimentos do Goberno central na materia e instaba á materialización dos compromisos para garantirlle á poboación galega as frecuencias, as prazas e as reducións de tempos de viaxe anunciados.

Nesta liña, a Xunta  leva reclamando desde hai tempo ao Ministerio melloras tanto no que se refire aos servizos, mellorando a puntualidade, fiabilidade e aumento de frecuencias no eixe Atlántico, nas conexións interiores de Galicia e da alta velocidade a Madrid, como nas infraestruturas ferroviarias, coa mellora das conexións A Coruña-Ferrol-Lugo e Lugo-Ourense, a adecuación aos estándares do Corredor Atlántico da liñas León-Monforte-Ourense-Vigo, e a finalización das obras de alta velocidade dentro de Galicia.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274376 {"title":"A Xunta e a Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe coinciden na urxencia de que o Goberno central cumpra os seus compromisos coa liña ferroviaria galega","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150804\/20240618XuntanzaPlataformaMediaDistanciaRenfe1.jpg","id":"274376"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274376-xunta-e-plataforma-usuarios-media-distancia-renfe-coinciden-na-urxencia-goberno-central-cumpra-os-seus-compromisos-coa-lina-ferroviaria-galega https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.