A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública, en réxime de alugueiro en Parderrubias, no concello da Merca

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Trátase dunha vivenda unifamiliar rehabilitada que consta dunha superficie útil total de 91,56 m2 distribuídos en dúas plantas, máis un garaxe de 19,54 m2 e un rocho de 7,32 m2
  • A adxudicación da vivenda foi realizada a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia
  • No Concello da Merca existen outras 16 vivendas de promoción pública, que foron adxudicadas por parte da Xunta

A Merca (Ourense), 18 de xuño de 2024

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, entregou esta mañá aos seus adxudicatarios unha vivenda de promoción pública construída polo Instituto Galego da Vivenda e Solo en Parderrubias, no concello da Merca. A conselleira estivo acompañada polo alcalde de A Merca, Manuel Garrido Sampedro, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.

Trátase dunha vivenda unifamiliar, que foi adquirida e rehabilitada pola Xunta de Galicia e que consta de planta baixa e primeiro andar, cun patio de acceso.

A superficie útil total da vivenda é de 91,56 m2, máis un garaxe de 19,54 m2 e un rocho de 7,32 m2 .

Na planta baixa sitúase a cociña-comedor, un lavadoiro, un aseo, e os anexos citados anteriormente, é dicir, o rocho e o garaxe. No primeiro andar dispóñense tres dormitorios, o salón e un baño.

A vivenda entregouse despois de realizar obras de mellora,  por importe de 15.000 euros, posto que xa fora adxudicada anteriormente a outros beneficiarios que habitaron na mesma durante anos. Unha vez recuperada a vivenda, a Xunta realizou actuacións de adecuación da mesma, consistente fundamental en pintura de paredes e carpinterías e substitución da caldeira por outra máis eficiente

A adxudicación da vivenda foi realizada a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia, tal como estable a normativa vixente

Cómpre lembrar que no Concello da Merca existen outras 16 vivendas de promoción pública, que foron adxudicadas por parte da Xunta.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
274374 {"title":"A Xunta fai entrega dunha vivenda de promoción pública, en réxime de alugueiro en Parderrubias, no concello da Merca","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/DSC_0815_6.jpg","id":"274374"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/274374-xunta-fai-entrega-dunha-vivenda-promocion-publica-rexime-alugueiro-parderrubias-concello-da-merca https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.