A Xunta promove este verán o destino Galicia como lugar sostible no que desconectar

Imagen del artículo A Xunta promove este verán o destino Galicia como lugar sostible no que desconectar

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Baixo o lema 'Pídeche Galicia', vén de actualizar a mensaxe para a temporada estival da campaña publicitaria deste ano 2024 que se reanuda desde hoxe nos medios
  • Chegará ao mercado nacional e, no internacional, a EEUU e en mercados emisores importantes para Galicia: Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia e Alemaña
  • A protagonista é unha cama descontextualizada nun espazo natural que busca plasmar que os protagonistas teñen na cabeza unha vía de escape en Galicia mentres están nunha tarefa cotiá

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia vén lanzar a actualización da campaña de promoción do destino que se pode ver desde hoxe en distintos soportes audiovisuais e gráficos e que actualiza a mensaxe para a temporada estival baixo o lema 'Pídeche Galicia'. Nela se presenta o destino como un lugar sostible, con importantes recursos naturais e culturais e perfecto para desconectar e chegará as mercados nacionais e tamén internacionals que están sendo especialmente estratéxicos para Galicia como EEUU, Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia ou Alemaña.

A campaña deste ano representa distintas situacións do día a día e, despois de ter como protagonistas unha oficina e un sofá nos meses anteriores, este verán a protagonista é unha cama que aparece descontextualizada no medio dun espazo natural. Quérese plasmar deste xeito que os protagonistas teñen na cabeza unha vía de escape e desconexión en Galicia mentres están a realizar algunha tarefa cotiá. Conta, ademais, cunha orixinal banda sonora composta para a propia campaña que mestura galego e inglés con aires de hip-hop urbano. 

No ámbito nacional, a campaña de Turismo de Galicia actuará na Comunidade galega para estimular o turismo interno e tamén no conxunto de España con especial incidencia en zonas estratéxicas como Madrid, País Vasco, Asturias e Castela León. En termos de audiencia estímase que chegue a máis da metade da poboación española, que terá ocasión de ver os anuncios un promedio de tres veces. Nas comunidades limítrofes a Galicia ou de interese estratéxico a porcentaxe ascenderá ao 80% da súa poboación, que poderá ver os anuncios un promedio de seis veces. 

Tamén internacional

Ademais destas insercións nacionais, a campaña terá tamén importante presenza internacional no eido dixital, a través de banners publicitarios e anuncios en medios de información, redes sociais e axencias de turismo en liña na procura de que a campaña teña un impacto directo no incremento do número de turistas que visitan a nosa comunidade. A intención é seguir afondando en mercados que están a ser especialmente estratéxicos para Galicia, tendo moi en conta que o internacional supón xa o 30% do turismo que chega á Comunidade e está a rexistrar importantes incrementos.

Traballarase, polo tanto, en mercados como EEUU e mercados europeos como Gran Bretaña, Portugal, Francia, Italia ou Alemaña.

Turismo de Galicia continúa así dando un pulo á mercadotecnia turística coa intención de afondar na consolidación do destino Galicia de xeito global, reforzando as accións dun turismo sostible, diversificado e desestacionalizado nos distintos momentos do ano. A adxudicación realizouse mediante procedemento aberto e están previstas varias oleadas durante o ano.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
273843 {"title":"A Xunta promove este verán o destino Galicia como lugar sostible no que desconectar","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/RRSS+cama-1200x630+FB+TW.jpg","id":"273843"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/273843-xunta-promove-veran-destino-galicia-como-lugar-sostible-desconectar https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.