A Xunta de Galicia e o concello de Castrelo de Miño analizan as posibilidades de crecemento industrial do municipio ourensán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, está a manter unha rolda de contactos cos rexedores galegos logo de incorporar a política de planificación de solo empresarial ao seu departamento

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, con quen abordou, entre outros asuntos, as posibilidades de impulsar medidas que favorezan o desenvolvemento industrial do municipio ourensán.

A xuntanza enmárcase na rolda de contactos que Lorenzana está a manter cos distintos rexedores locais agora que a política de planificación de solo industrial é competencia da consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Así as cousas, na reunión, expuxéronse os beneficios do Programa Concello Emprendedor, ao que está adscrito Castrelo de Miño dende o ano 2021. Unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca ofrecer facilidades ao investimento empresarial para impulsar a reactivación económica e, polo tanto, ofrece máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais. Arestora, 156 concellos se teñen adherido ao programa.

Lorenzana tamén lembrou que a Consellería de Economía e Industria conta con tres liñas de axuda para contribuír á competitividade dos parques empresariais galegos. Concretamente, para a creación de viveiros industriais, para a mellora de infraestruturas e servizos e unha terceira liña para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica. Estas dúas últimas resoltas recentemente.

Por outra banda, Conselleira e alcalde coincidiron na importancia de fomentar a desburocratización da tramitación administrativa para atraer empresas, tal e como está a facer o Goberno galego a través da Oficina Económica de Galicia dependente do Igape. No seu primeiro mes de funcionamento, en abril, rexistrou máis de 900 consultas e máis de cen citas de acompañamento ás empresas galegas. E, ao fío, tamén se abordaron as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano daquelas iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento, e os plans directores por sectores nos que a Xunta está a traballar.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
273842 {"title":"A Xunta de Galicia e o concello de Castrelo de Miño analizan as posibilidades de crecemento industrial do municipio ourensán","published_date":"2024-06-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/935565\/20240618+LorenzanaReuni%C3%B3nAlcaldeCastrelodeMi%C3%B1o_1.jfif","id":"273842"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-18/273842-xunta-galicia-e-concello-castrelo-mino-analizan-as-posibilidades-crecemento-industrial-do-municipio-ourensan https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.