Lorenzana subliña o papel da Oficina Económica do Igape para o mantemento da actividade produtiva e do emprego no proceso de venda da pesqueira Fandiscosta

  • A conselleira de Economía e Industria agradeceu o intenso traballo despregado por todas as partes para alcanzar un acordo que permitirá manter, tal e como se solicitou desde o Goberno galego, como mínimo, co 90% do persoal de produción, dunha empresa que conta no seu cadro de persoal con 214 traballadores

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe o papel desempeñado pola Oficina Económica do Igape ao longo de todo o proceso de venda da pesqueira Fandicosta para asegurar o mantemento da actividade produtiva e do emprego na planta de Moaña (Pontevedra).

Lorenzana agradeceu o intenso traballo realizado por todas as partes para acadar un acordo de venda que permitirá manter, como mínimo, o 90% do persoal de produción, tal e como viña defendendo a Xunta de Galicia. Un cadro de persoal que na actualidade ascende a 214 traballadores.

Desde a súa posta en funcionamento en abril, a Oficina Económica do Igape actúa como punto único de asistencia empresarial da Administración autonómica, en liña co obxectivo da desburocratización, e como órgano de acompañamento a empresas en situacións de crise, para tentar salvar a actividade económica e os empregos vinculados.

No caso de Fandicosta, cómpre lembrar que, a principios deste ano, a empresa, en preconcurso, asinou un contrato de opción de compra a favor de Wofco. Daquela, a Xunta renunciou á recompra da súa participación na compañía a través de Xesgalicia, que era do 12,1% do capital, a cambio dun compromiso de mantemento mínimo do 90% do emprego. 

A conselleira de Economía e Industria, salientou a aposta da Xunta de Galicia por acompañar as necesidades do tecido empresarial galego a través da desburocratización e a axilidade administrativa e, concretamente, dun plan específico de aceleración para proxectos industriais cuxo investimento supera os 800.000 euros. Ademais, apuntou que a Administración autonómica está elaborando plans directores para os sectores estratéxicos da economía galega (naval, automoción, metalmecánico, loxística, TIC e forestal-madeira) para radiografiar as necesidades tamén en materia de solo industrial.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272399 {"title":"Lorenzana subliña o papel da Oficina Económica do Igape para o mantemento da actividade produtiva e do emprego no proceso de venda da pesqueira Fandiscosta","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"272399"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272399-lorenzana-sublina-papel-da-oficina-economica-do-igape-mantemento-da-actividade-produtiva-e-do-emprego-proceso-venda-da-pesqueira-fandiscosta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.