A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Imagen del artículo A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • María José Gómez explicou que esta instalación estará orientada cara a investigación e tratará residuos tanto de vacún como de porcino
  • Subliñou que esta planta terá como obxectivo final transferir os resultados da investigación aos produtores, co fin de axudar no tratamento sustentable deste recurso

Vilalba (Lugo), 17 de xuño de 2024

A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), no marco do proxecto europeo Nutritive, centrado no fomento da sustentabilidade deste recurso. Esta instalación estará orientada cara a investigación e tratará residuos tanto de vacún como de porcino. Así o explicou esta tarde a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na presentación desta iniciativa, que tivo lugar na localidade lucense de Vilalba.

Neste acto, a titular de Medio Rural avanzou que esta planta terá como obxectivo final transferir os resultados da investigación aos produtores. Neste sentido, puxo en valor a importancia de enfocar a I+D+i cunha perspectiva de utilidade, para procurar solucións aos problemas e ás necesidades concretas dos gandeiros. Por iso mesmo, amosou a súa confianza en que esta planta piloto, así como o propio proxecto en xeral, traia "solucións definidas e facilmente aplicables ao día a día das explotacións".

Ademais, a conselleira enmarcou esta iniciativa nun contexto comunitario no que cada vez están máis presentes as demandas europeas de circularidade, bioeconomía e loita contra o cambio climático e, neste mesmo sentido, felicitouse polo feito de que "Galicia volva estar á cabeza na investigación nesta materia".

Idiosincrasia galega no aproveitamento dos xurros

Ao tempo, María José Gómez puxo de relevo as características peculiares de Galicia en relación co aproveitamento dos xurros, algo que -lembrou- "sempre lle temos transmitido ao Ministerio de Agricultura", na liña de que a nosa comunidade ten unha "idiosincrasia propia". Así, trasladou, o chan, o clima e a división da terra agraria de Galicia en particular e da cornixa cantábrica en xeral son diferentes ás doutras zonas de España. Por todo isto, as tecnoloxías e as novas prácticas de xestión sustentable do xurro deben adaptarse ao territorio, "e non ao revés", remarcou.

Asemade, Gómez indicou que o xurro é un recurso moi valioso que debe aproveitarse como nutrinte para os solos e que cómpre focalizar os esforzos en xestionar o excedente. Neste sentido, manifestou tamén que a gandaría é un sector clave "non só en Galicia, senón tamén en España e a nivel europeo" e recordou que implica o 40% da actividade agrícola total en Europa.

Proxecto Nutritive

O proxecto Nutritive enmárcase na convocatoria "Horizon Europa Horizon CL6-2023-Zeropollution-02". A iniciativa conta cun orzamento total de preto de sete millóns de euros e nela participan 22 socios de nove países, entre representantes institucionais, asociacións, empresas, universidades e entidades do eido da investigación, caso da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, por parte galega.

O seu obxectivo principal é desenvolver unha ferramenta de toma de decisións capaz de definir estratexias de xestión sustentable do esterco para unha determinada explotación gandeira limitando as emisións. Isto permitirá, ademais, a formulación de directrices técnicas e recomendacións que apoien aos responsables políticos cun coñecemento mellorado para establecer requisitos para futura políticas europeas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
272398 {"title":"A Xunta porá en marcha unha planta piloto de xestión de xurros no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/240617_ConseMR_Nutritive.JPG","id":"272398"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/272398-xunta-pora-marcha-unha-planta-piloto-xestion-xurros-centro-investigacions-agrarias-mabegondo https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.