A Xunta pon en valor a aposta pola innovación e a procura de novos mercados para o crecemento e a mellora competitiva do tecido empresarial

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou esta mañá a empresa Quobis, unha das pemes que participou na primeira edición da aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza 
  • Salienta que a través desta iniciativa a empresa recibiu asesoramento e apoio para incrementar a presenza internacional da súa plataforma Quobis Communication Platform en países de Latinoamérica como México e Colombia
  • Lembra que iniciativas como o Plan Foexga, para impulsar misións comerciais, ou os xestores de internacionalización, para a contratación de expertos neste campo, teñen aberto o período para presentar solicitudes 

O Porriño (Pontevedra), 17 de xuño de 2024

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou esta mañá a empresa porriñesa Quobis, que ofrece desde 2006 servizos de consultoría de redes a operadores de telecomunicacións e grandes empresas, á que puxo como exemplo da importancia de apostar pola innovación e a procura de novos mercados no crecemento empresarial e na mellora competitiva do tecido produtivo.

Neste sentido, Toca Carús puido constatar os avances na internacionalización dun dos seus produtos innovadores que contou co apoio da aceleradora Galicia Avanza. A través desta iniciativa, expuxo a directora, a empresa recibiu asesoramento e apoio para incrementar a presenza internacional da súa plataforma Quobis Communication Platform en países de Latinoamérica como México e Colombia.

"Quobis é un claro exemplo do que a innovación e a internacionalización poden supoñer no desenvolvemento e na vida dunha compañía" salientou Toca Carús, subliñando que, nestes momentos, a empresa factura no exterior máis do 30% da súa produción.

Neste contexto, Toca Carús incidiu na importancia da saída ao exterior como parte do proceso de crecemento dunha empresa. Un itinerario que, como lembrou, a Xunta acompaña cada ano a través dun amplo abano de programas e actuacións das que Quobis tamén se ten beneficiado.

Entre esas liñas, a directora do Igape resaltou programas como o Plan Foexga, promovido en colaboración coas cámaras de comercio para impulsar misión comerciais internacionais, e que ten aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro mes de outubro; ou os xestores de internacionalización, liña aberta ata o 9 de xullo e que busca facilitar a contratación de expertos neste campo.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271998 {"title":"A Xunta pon en valor a aposta pola innovación e a procura de novos mercados para o crecemento e a mellora competitiva do tecido empresarial","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/20240617+DX+Igape+Visita+Quobis_3.JPG","id":"271998"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271998-xunta-pon-valor-aposta-pola-innovacion-e-procura-novos-mercados-crecemento-e-mellora-competitiva-do-tecido-empresarial https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.