A Xunta aborda coas federacións de transportes de viaxeiros por estrada os retos en materia de mobilidade para ofrecer un servizo de calidade

Imagen del artículo A Xunta aborda coas federacións de transportes de viaxeiros por estrada os retos en materia de mobilidade para ofrecer un servizo de calidade

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reunise xunto á directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, a representantes de Anetra-Galicia, Fegabus, Fegatravi e Transgacar
  • As catro asociacións recibiron información sobre os obxectivos a curto e medio prazo da Xunta no que se refire ás competencias no transporte regular de uso xeral e especial de escolares, así como do transporte adaptado 065

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe a representantes das principais federacións de transportes de viaxeiros por estrada nunha primeira toma de contacto para abordar os obxectivos a curto e medio prazo, tras a integración nas competencias desta consellería en materia de mobilidade. Isto é, tanto o transporte regular de uso xeral, o transporte escolar e o transporte adaptado do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade, 065. 

Ao encontro asistiron representantes da Asociación Nacional de Empresarios de Autocares (Anetra-Galicia), a Federación Galega de Servizos de Transporte de Autobús (Fegabus), a Federación Galega de Transportes de Viaxeiros (Fegatravi)  e a Federación Galega de Asociacións de Viaxeiros en Autocar (Transgacar). 

Diego Calvo destacou a importancia de manter un diálogo continuado e fluído coas asociacións de transportistas para coñecer a situación do sector e as súas demandas co obxectivo de ofrecer á cidadanía un transporte público de Galicia de calidade. 

Nesta liña, o conselleiro de Presidencia lembrou que a Xunta está a traballar na Estratexia Galega de Mobilidade, a folla de ruta a seguir ata 2050 para garantir desprazamentos máis sostibles promovendo o transporte público e a intermodalidade. Un dos instrumentos aliñados con esta estratexia é o Plan de Transporte Público de Galicia, impulsado polo Goberno galego como ferramenta de planificación e seguimento, que levou o autobús regular a zonas onde non o había.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271997 {"title":"A Xunta aborda coas federacións de transportes de viaxeiros por estrada os retos en materia de mobilidade para ofrecer un servizo de calidade","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/20240617ReunionsFederacionsTransporte3.JPG","id":"271997"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271997-xunta-aborda-coas-federacions-transportes-viaxeiros-estrada-os-retos-materia-mobilidade-ofrecer-servizo-calidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.