A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina da comarca veterinaria de Verín

  • As principais medidas de prevención para esta enfermidade consisten fundamentalmente en evitar a exposición dos bovinos ao mosquito vector transmisor da enfermidade
  • Trátase dunha doenza vírica que afecta ao gando bovino, pero que non se transmite ás persoas, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal destes animais
  • Cómpre sinalar que, polo de agora, non existe vacina nin tratamento curativo específico fronte ao virus da EHE, dúas cuestións solicitadas pola Xunta ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

A Xunta de Galicia vén de  notificar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a detección do primeiro foco en Galicia de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) neste ano, tras ser confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete, en Madrid. Este foco está localizado na comarca veterinaria de Verín. Neste senso, cómpre sinalar que a EHE é unha enfermidade infecciosa, pero non contaxiosa, producida por un virus que se transmite aos animais exclusivamente a través da picadura de mosquitos do xénero Culicoides,spp.

Dada a vía de transmisión, esta enfermidade aparece mentres exista o mosquito vector circulando no ambiente. Polo tanto, existe un período de posible afectación dos animais (aproximadamente de abril a decembro) e outro, nos meses de inverno, nos que ao no existir circulación do vector, non existe posibilidade de infección nos animais. En España, o fin do período libre do vector no actual período estacional foi o pasado 16 de abril, polo que se espera que ata a chegada das temperaturas frías, continúe nos próximos  meses a detección de novos focos.

Cómpre destacar que a única vía de contaxio nos animais é a través da picadura dos mosquitos transmisores, polo que non é posible a transmisión directa ou indirecta entre eles. Ademais, cómpre aclarar que esta doenza non afecta ás persoas, nin pola picadura do mosquito transmisor, nin por contacto con animais infectados, nin polo consumo de produtos de orixe animal (carne, leite...) destes animais.

Afectación ao gando

Así mesmo, cabe salientar que a EHE afecta especialmente a ruminantes silvestres, fundamentalmente cervos, tamén corzos ou gamos. No gando doméstico só o bovino resulta afectado coa aparición de síntomas nalgúns animais. O gando ovino pode tamén infectarse pero non aparece sintomatoloxía, mentres que o cabrún non é  sensible a esta enfermidade.

Polo de agora, non existe vacina nin tratamento curativo específico fronte ao virus da EHE, dúas cuestións solicitadas pola Xunta de Galicia en varias reunións ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Por iso, e ata poder contar cunha vacina que protexa aos animais, só cabe a aplicación de medidas preventivas e encamiñadas a evitar o contacto dos animais co mosquito vector, en concreto como son evitar a existencia de posibles zonas de cría do mosquito transmisor nas explotacións, fundamentalmente zonas con materia orgánica húmida ou lama, zonas de elección para a cría para estes mosquitos; utilizar preventivamente desinfectantes ou repelentes nas instalacións, nos medios de transporte ou nos animais, nos casos que se considere oportuno; e, por último, no caso de detectar animais con sintomatoloxía compatible coa enfermidade debe comunicarse esta circunstancia de xeito inmediato aos servizos veterinarios oficiais da Consellería do Medio Rural.

Indemnizacións

A maiores, a estas alturas xa se aprobaron indemnizacións pola afectación da EHE cun importe superior aos 180.000 euros, axudas que se conceden desde a Consellería do Medio Rural para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades. O prazo de solicitude está aberto ata o 29 de novembro, co cal se seguirán tramitando en función das solicitudes presentadas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271993 {"title":"A Xunta declara un novo foco de enfermidade hemorráxica epizoótica nunha explotación bovina da comarca veterinaria de Verín","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"271993"} galicia C. do Medio Rural https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271993-xunta-declara-novo-foco-enfermidade-hemorraxica-epizootica-nunha-explotacion-bovina-da-comarca-veterinaria-verin https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.