A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves

  • Autorízanse as expropiacións para actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía autonómica, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés
  • Esta actuación dispón dun investimento superior aos 460.000 euros e permitirá aumentar a visibilidade e reforzar a seguridade viaria nos movementos de tráfico deste cruce
  • Para iso desprazarase uns 55 metros a intersección ata o punto quilométrico 10+035, co fin de ampliar a calzada e dar cabida aos carrís de xiro e aos de acceso, asegurando a visibilidade dos vehículos que entran e saen da parroquia
  • A previsión é convocar as expropiacións no segundo semestre deste ano, co obxectivo de licitar e executar as obras no 2025

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o acordo da aprobación do proxecto de reforma do cruzamento de Setados na estrada PO-400, no concello das Neves.

O investimento que o Goberno galego destinará á actuación na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía autonómica, punto de acceso principal á parroquia de Setados, superará os 460.000 euros.

A aprobación definitiva da actualización deste proxecto construtivo leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos 8 predios necesarios para executar esta intervención. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240617/AnuncioG0181-110624-0002_es.html

A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións dese cruzamento de Setados, co fin de aumentar a visibilidade e reforzar a seguridade viaria nos movementos de tráfico. Isto permite acometer unha intervención máis ampla, tras terse executado hai uns anos pequenas actuacións destinadas a mellorar a contorna.

En concreto, a actuación consistirá na substitución da intersección actual por unha con carrís centrais de espera (aceleración e deceleración), que permita realizar manobras cun maior grao de seguridade.

O cruzamento actual da PO-400 coa vía municipal que conecta cos núcleos da Laxe e da Igrexa presenta na actualidade problemas de visibilidade, está moi próximo a unha vivenda e hai un cambio de rasante próximo.

Tendo en conta iso, a actuación que a Xunta se propón executar supón desprazar a intersección ata o punto quilométrico 10+035, é dicir, uns 55 metros. 

Iso fai posible ampliar a calzada para dar cabida aos carrís de xiro e aos de acceso, asegurando a visibilidade dos vehículos que entran e saen da parroquia de Setados.

Ademais desa ampliación da calzada da PO-400 e do desprazamento do cruzamento, a intervención deseñada inclúe o desvío para conectar a vía municipal coa estrada autonómica de forma segura.

A intervención de mellora da intersección inclúe alumeado público, ampliando a rede existente na travesía da PO-400 ata a zona de intersección.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas realizará a convocatoria dos actos expropiatorios no 2º semestre deste ano, para poder licitar, a continuación, as obras, e inicialas no segundo trimestre de 2025. O prazo de execución dos traballos é de 4 meses.

O Goberno galego continúa mellorando a rede viaria autonómica para reforzar a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios, así como para impulsar unha mobilidade máis sostible.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271991 {"title":"A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"271991"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271991-xunta-publica-dog-aprobacion-do-proxecto-reforma-do-cruzamento-setados-na-po-400-concello-das-neves https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.