A Xunta apoia a celebración do Noia Harp Fest para seguir diversificando a oferta turística do verán

Imagen del artículo A Xunta apoia a celebración do Noia Harp Fest para seguir diversificando a oferta turística do verán

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director de Turismo de Galicia presenta esta cita única no mundo especializada na arpa que reunirá artistas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania

Noia (A Coruña), 17 de xuño de 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou esta mañá en Noia a aposta da Xunta de Galicia pola música e o turismo, como fórmula de éxito para consolidar "unha oferta turística diversificada con propostas en distintas vilas e capaz de demostrar a capacidade económica do turismo e da música".

 

No acto de presentación do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, o coñecido coma Noia Harp Fest, o director de Turismo de Galicia salientou que eventos coma este axudan a "posicionarnos como sede espectáculos musicais especializados" e contribúen á dinamización económica das vilas e cidades onde se celebran cun forte impacto no sector hostaleiro e comercial e no ámbito do emprego local.

 

Durante a súa intervención, Xosé Merelles tivo palabras de felicitación para a organización subliñando que foron "pioneiros no seu momento e cumprides xa 11 anos poñendo o nome de Noia e de Galicia no mapa deste xénero musical e converténdovos, tamén, no único evento do noroeste peninsular que se dedica á arpa".

 

Referíndose ao cartel para esta edición do Noia Harp Fest, Xosé Merelles destacou o carácter internacional da cita con arpistas e bandas chegadas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucrania. Trátase dun elenco de artistas que "enchen de calidade a nosa oferta turística do verán", engadiu.

 

A partir do 8 de agosto

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, desenvolverase do 8 ao 10 de agosto con concertos de folk, jazz ou clásica, onde a protagonista absoluta será, de novo, a música da arpa. Trátase dunha cita musical única no mundo e a súa organización corre a cargo de Alba Barreiro, Beatriz Martínez e Rodrigo Romaní. Un total de seis puntos da vila de Noia serán escenario dos distintos concertos: a Igrexa Museo de Santa María A Nova, o Teatro Coliseo Noela, o Liceo de Noia, a Praza do Tapal, o Claustro de San Francisco e a Rúa do Curro.

 

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia comezará cun encontro duns 25 alumnos e alumnas das escolas de arpa de Galicia co que se pretende estimular a relación e crear unidade entre os músicos máis novos da Comunidade galega.

 

A partir dese momento, sucederanse unha serie de espectáculos musicais que converterán Noia no referente en toda Galicia e España da música interpretada pola arpa. Una foliada de benvida cederá a testemuña a arpistas de grupos como SonDeSeu e Descofar ou intérpretes coma Nadia Birkenstock ou Solomiia Savchuk, Rachel Hair & Ron Jappy, Camille Levecque e Momi Maiga.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271950 {"title":"A Xunta apoia a celebración do Noia Harp Fest para seguir diversificando a oferta turística do verán","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/20260617+NPNoiaHarpFest.jpeg","id":"271950"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271950-xunta-apoia-celebracion-do-noia-harp-fest-seguir-diversificando-oferta-turistica-do-veran https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.