Martina Aneiros destaca a implicación da Xunta no fomento das vocacións STEM entre o alumnado

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Un total de 31 escolares do CPR San Rosendo de Ferrol participaron esta mañá en dous talleres do programa co que a Xunta de Galicia pretende achegar o coñecemento científico-tecnolóxico aos máis novos

Ferrol, 17 de xuño de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, saudou esta mañá aos escolares que participan nos talleres do programa de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas D'tec que a Xunta de Galicia organiza esta semana no CIS Tecnoloxía e Deseño.

Durante a visita Aneiros lembrou a necesidade de "formar e atraer talento cara a un sector de gran potencial" como o científico-tecnolóxico e destacou "a implicación do Goberno galego á hora de impulsar as vocacións STEM desde as idades máis temperás".

Na xornada de hoxe un total de 31 alumnos de 5º e 6ª de Primaria do CPR San Rosendo de Ferrol participaron, divididos en dous grupos, nos talleres Tecnolab e A Química e a cosmética. Na primeira proposta o alumnado puido coñecer as implicacións prácticas da programación de placas electrónicas e a súa importancia na vida cotiá, mentres que no segundo taller ofreceuse aos participantes unha aproximación á estrutura da materia e a química que puideron poñer en práctica a través da creación de bombas de baño e outros cosméticos.

Estes son dous dos talleres educativos D'tec para grupos centrados en temáticas ligadas á actividade do CIS Tecnoloxía e Deseño e nos que participaron preto dun milleiro de rapaces de 28 centros educativos de toda Galicia no que vai de ano. Ademais dos talleres, o programa de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas da Xunta de Galicia inclúe a celebración de espectáculos científicos D'tec de 2 horas e media de duración e orientados a alumnos de Secundaria, Formación Profesional e Bacharelato, como o que vai ter lugar mañá e o mércores baixo o título Innovando a ombros de xigantes.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
271819 {"title":"Martina Aneiros destaca a implicación da Xunta no fomento das vocacións STEM entre o alumnado","published_date":"2024-06-17","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150801\/TalleresDTec.JPG","id":"271819"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-17/271819-martina-aneiros-destaca-implicacion-da-xunta-fomento-das-vocacions-stem-alumnado https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.