A Escola de Cantería de Poio expón o talento do seu alumnado na mostra 'Arías Xidas'

  • O titular de Educación da Xunta subliña a importancia de potenciar o oficio da cantería fomentando a innovación e a tecnoloxía e atendendo ás demandas do sector

Poio (Pontevedra), 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou a exposición Arías Xidas, que inclúe as obras do alumnado da Escola de Cantería de Poio, e maquetas do patrimonio cultural, coa obra do veciño José Manuel Magdalena Otero. Ambas exhibicións permanecerán abertas ata o 8 de xullo.

O titular de Educación da Xunta, ademais de felicitar aos  estudantes polo excelente traballo desenvolvido, tamén aproveitou para recordar as novidades da Escola de Cantería para o vindeiro curso 2024-2025. O centro converterase nun Centro Integrado de FP, logo de que o Goberno autonómico asumira a súa titularidade, e aumenta a oferta formativa con catro novas titulacións. Os estudantes interesados poderán solicitar praza a partir do 24 de xuño.

O alumnado beneficiarase das melloras, xa que a partir deste curso, as ensinanzas que ata agora eran consideradas como formación non formal pasarán a ser títulos oficiais, ademais de permitir que os antigos alumnos, que non tiñan un título homologado, poidan acreditar a experiencia profesional. Tamén, para o próximo curso, se ofertarán os ciclos duais de Proxectos de Edificación e de Construción. Estas titulacións de alta especialización son unha proposta exclusiva de Galicia onde, atendendo a demandas específicas por parte dos sectores produtivos, deséñanse itinerarios formativos moi especializados feitos ad hoc.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267824 {"title":"A Escola de Cantería de Poio expón o talento do seu alumnado na mostra 'Arías Xidas'","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"267824"} galicia C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267824-escola-canteria-poio-expon-talento-do-seu-alumnado-na-mostra-arias-xidas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.