A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ a execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710 que conecta a N-VI coa A-6, en Baralla

Imagen del artículo A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ a execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710 que conecta a N-VI coa A-6, en Baralla

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Esta intervención permitirá o ensanche e mellora desta vía nunha lonxitude de 4,5 km, para dotala dunha plataforma ampliada a 7 metros, cun carril por sentido de 3 metros cada un
  • Mellorase puntualmente o trazado con variantes para aumentar a visibilidade e remodelarase a intersección coa N-VI, dispoñendo un carril central de espera e cuñas de cambio de velocidade
  • Ademais, o Concello de Baralla executará unha senda neste tramo, cuxo deseño foi coordinado con esta intervención

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2024

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 2.302.355 euros a execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710, desde a intersección coa N-VI e ata o enlace coa A-6, no concello de Baralla.

Esta intervención, adxudicada á empresa Grupo Bascuas 2008, S.L., ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria na contorna, a través do ensanche e mellora desta vía autonómica no tramo que conecta a N-VI e a A-6, nunha lonxitude de preto de 4,5 quilómetros.

A través das obras que se veñen de adxudicar, a LU-710, unha vez acondicionada, contará cunha plataforma ampliada a 7 metros de sección,  sen incluír as cunetas, cun carril por sentido de 3 metros cada un e beiravías de 0,5 metros.

Ademais, mellorarase puntualmente o trazado con variantes, para aumentar a visibilidade e a perceptividade en tramos concretos da estrada, o que implementará a seguridade viaria.

Tamén se prevé a remodelación da intersección coa N-VI, cunha solución que canaliza, cun carril central de espera e cuñas de cambio de velocidade, os dous xiros á esquerda que actualmente se realizan de forma directa.

Finalmente, incorpórase ao proxecto a achega presentada ao proxecto inicial, dun acceso solicitado desde a estrada LU-710.

Ademais, o Concello de Baralla executará unha senda neste tramo, cuxo deseño foi coordinado coa intervención obxecto deste contrato, facilitándose deste xeito a actuación municipal.

A intervención realízase baixo un criterio de respecto co medio, ao discorrer por unha zona con gran valor ambiental e paisaxístico, a ribeira do río Neira, e cunha orografía moi accidentada.

O contrato asinarase nos vindeiros días co obxectivo de poder iniciar as obras no verán. Os traballos contan cun prazo de execución de 18 meses.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267778 {"title":"A Xunta adxudica por máis de 2,3 M€ a execución das obras de acondicionamento e mellora da estrada autonómica LU-710 que conecta a N-VI coa A-6, en Baralla","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278525\/baralla.jpg","id":"267778"} galicia C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267778-xunta-adxudica-mais-2-3-m-execucion-das-obras-acondicionamento-e-mellora-da-estrada-autonomica-lu-710-conecta-vi-coa-6-baralla https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.