A Xunta abre o prazo para que as empresas turísticas soliciten as novas axudas de eficiencia enerxética

  • Desde hoxe e ata o 14 de novembro, establecementos de aloxamento e restauración, poden presentar as súas solicitudes da convocatoria dotada de 10M€ 
  • Sufráganse, entre outras, a fotovoltaica e compra de electrodomésticos eficientes

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria da nova liña de subvencións posta en marcha por Turismo de Galicia para reforzar as medidas de eficiencia enerxética nas empresas turísticas galegas cun investimento de 10M€. Financiada con fondos europeos, o prazo está aberto desde hoxe sábado 15 de xuño ata o 14 de novembro e poden acceder os establecementos de aloxamento e, como novidade, tamén os de restauración.

Como se indica no DOG, é de concorrencia non competitiva. Como norma xeral, a intensidade da axuda será de ata un 70% do custo total subvencionable do proxecto, aínda que poderá chegar ao 80% ou 90% no caso de que se acrediten aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30%. Esta liña de axudas sufragará, entre outras accións, a mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica coa intención de reducir a demanda en calefacción e climatización de edicicios completos, locais ou partes do edificio destinado ao establecemento turístico.

Tamén a mellora da eficiencia enerxética e de enerxías renovables nas instalacións térmicas, con accións como a substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica, enerxía xeotérmica ou biomasa nas instalacións térmicas, entre outras. Se inclúe a subvención para instalacións fotovoltaicas para autoconsumo así como mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación, coa instalación de luminarias de maior rendemento e lámpadas de maior eficiencia, sistemas de control por presenza, recolocación dos puntos de luz, entre outras. Tamén cubrirá a renovación de electrodomésticos con clases enerxéticas máis eficientes. Tamén poderán sufragarse sistemas de automatización e control da enerxía. Os gastos subvencionables deberán estar realizados antes de abril de 2025.

Con esta convocatoria a Xunta de Galicia busca a modernización e mellora da competitividade do sector turístico galego e dá continuidade á liña de axudas lanzada o ano pasado por 7M€ aínda que flexibiliza e mellora as condicións para poder facilitar a entrada de máis empresas.  Deste xeito, inclúe, entre as novidades, que os establecementos de restauración poidan ser posibles beneficiarios, sufrágase a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte (na anterior eran edificios completos), non se pide antigüidade mínima dos edificios a rehabilitar e non hai unha esixencia mínima de aforro enerxético, entre outras.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267777 {"title":"A Xunta abre o prazo para que as empresas turísticas soliciten as novas axudas de eficiencia enerxética","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"267777"} galicia Axencia de Turismo de Galicia https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267777-xunta-abre-prazo-as-empresas-turisticas-soliciten-as-novas-axudas-eficiencia-enerxetica https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.