A Xunta e o concello de Sanxenxo impulsan o transporte público no verán con novas liñas municipais de autobús

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Telmo Martín asinaron o convenio, enmarcado na aposta pola mobilidade sustentable
  • A colaboración do Goberno galego permitirá descontos nas viaxes de uso xeral e manterá as bonificación sociais dirixidas a estudantes, pensionistas e persoas en situación de vulnerabilidade
  • Implantaranse dúas liñas circulares e unha lanzadeira entre o 22 de xuño e o 8 de setembro

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o empresario do transporte Raúl López en representación da UTE XG-626, asinaron esta semana un convenio para a implantación dun servizo de transporte público municipal en tempada estival, integrado no sistema de tarifas único e bonificado activado pola Xunta. O obxectivo é contribuír á redución do uso de vehículos particulares e fomentar a mobilidade sustentable no municipio, así como a súa promoción turística.

Deste xeito, as persoas usuarias das novas liñas municipais de autobús poderán beneficiarse dos descontos e vantaxes da Tarxeta de Mobilidade de Galicia (TMG), con bonificacións que  na actualidade chegan ao 50%. Ademais, os menores de 21 anos poden realizar 60 viaxes ao mes de maneira gratuíta coa Tarxeta Xente Nova, e todas as persoas maiores de 65 anos con tarxeta TMG viaxan de balde. O custo da implantación dos novos servizos de transporte público en Sanxenxo ascende a 162.740 euros ao ano e será sufragado polo Concello. Segundo o convenio asinado hoxe, a medida desenvolverase ao longo deste ano coa posibilidade de prorrogalo.

O acordo establece a implantación de dúas liñas circulares (facendo o percorrido unha en cada sentido), coa igrexa de Sanxenxo como punto de inicio e fin, que percorren o concello con 29 paradas cada unha delas nun tempo estimado de 50 minutos. Suman seis paradas novas con respecto ás existentes no municipio: A Igrexa, O Hotel Terraza, Paxariñas, Hotel Atlántico, Delfín Azul e Vinquiño-Tanatorio. Haberá 16 expedicións diarias, tanto de ida como de volta (32 en total), con saídas cada hora desde as 08,00 ata as 23,00 no caso das idas, e desde as 08,30 ata as 00,30 no caso das voltas. Estes servizos realizaranse con dous vehículos de plataforma baixa, tipo urbano.

Liña lanzadeira

Porase en marcha tamén unha liña lanzadeira con paradas no polígono de Nantes, no Hotel Terraza e en Baltar-Rotonda de Hipercor, cunha duración estimada da viaxe de pouco máis de 15 minutos. Haberá 32 expedicións diarias cada media hora, entre as 8,00 e as 23,30 horas. Ambos os servizos enmarcados no convenio se porán en marcha o 22 de xuño e se prolongarán ata o 8 de setembro. A realización dos servizos desta liña tamén será cun vehículo de plataforma baixa, tipo urbano. 

A través desta iniciativa búscase darlles resposta ás necesidades de mobilidade colectiva detectadas en Sanxenxo, conectando diversos puntos do concello e servindo de conexión cos servizos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral.  A medida permitirá tamén diminuír a conxestión viaria.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
267754 {"title":"A Xunta e o concello de Sanxenxo impulsan o transporte público no verán con novas liñas municipais de autobús","published_date":"2024-06-15","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278510\/20240615ConvenioMobilidadeSanxenxo2.jpg","id":"267754"} galicia C. de Presidencia, Xustiza e Deportes https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-15/267754-xunta-e-concello-sanxenxo-impulsan-transporte-publico-veran-novas-linas-municipais-autobus https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.